15 ano de garantía
- Apto para fornos
- Apto para lavalouza
Esta pota ten un deseño limpo e sinxelo, e é fácil de usar. O aceiro inoxidable e o seu ancho fondo fan que queza axiña, e a temperatura é máis doada de regular en función do tipo de comida que se estea cociñando.
Detalles do produto
Para todo tipo de placas, mesmo de indución.
As asas están deseñadas para reducir a transferencia de calor.
O fondo ancho con bordo fai que esta pota sexa perfecta para usarse en placas de gas e indución.
Ao ter unha base grosa cunha capa de aluminio entre dúas capas de aceiro inoxidable, a calor distribúese de xeito uniforme e eficiente e a comida non se queima nin se pega.
É de aceiro inoxidable, un material duradeiro e doado de limpar.
Grazas ao deseño das asas podes gardar a pota máis pequena na grande e gañar espazo nos armarios da cociña.
O seu interior de formas redondeadas poncho doado á hora de bater e remover a comida.
As tapas da pota e as cazolas son de aceiro inoxidable, polo que a calor transmítese cara o interior destas. Así, a comida comeza a ferver antes e redúcese o consumo de enerxía.
Tamén se pode usar no forno, xa que está feita de metal.
A súa válvula de saída para o vapor evita que os alimentos saian.
Podes cociñar a lume manso e aforrar enerxía, porque o aceiro inoxidable do recipiente absorbe ben a calor e consérvaa moito tempo.
Con dúas asas, para que sexa máis doada de levantar.
15 anos de garantía. Consulta as condicións xerais no folleto de garantía.
David Wahl
Medicións
- volume: 10.0 l
- diámetro: 28 cm
- Altura: 17 cm
- Longo incl. as asas: 38 cm
- Altura con tapa: 22 cm