15 ano de garantía
- Apto para fornos
- Apto para lavalouza
Unha cazarola multiúsos. Aquí poderás quentar comida, fundir manteiga e preparar sopas, mollos e purés. Flexible, fácil de limpar e moi útil para uso diario.
Detalles do produto
Para todo tipo de placas, mesmo de indución.
É de aceiro inoxidable, un material duradeiro e doado de limpar.
Ao ter unha base grosa cunha capa de aluminio entre dúas capas de aceiro inoxidable, a calor distribúese de xeito uniforme e eficiente e a comida non se queima nin se pega.
Grazas ao deseño das asas podes gardar a pota máis pequena na grande e gañar espazo nos armarios da cociña.
O seu interior de formas redondeadas poncho doado á hora de bater e remover a comida.
As tapas da pota e as cazolas son de aceiro inoxidable, polo que a calor transmítese cara o interior destas. Así, a comida comeza a ferver antes e redúcese o consumo de enerxía.
Tamén se pode usar no forno, xa que está feita de metal.
A súa válvula de saída para o vapor evita que os alimentos saian.
Podes cociñar a lume manso e aforrar enerxía, porque o aceiro inoxidable do recipiente absorbe ben a calor e consérvaa moito tempo.
O deseño está pensado para poder combinarse cos accesorios de cociña KLOCKREN.
15 anos de garantía. Consulta as condicións xerais no folleto de garantía.
David Wahl
Medicións
- diámetro: 17 cm
- volume: 2.0 l
- Altura: 10 cm
- Longo incl. as asas: 35 cm
- Altura con tapa: 14 cm