Unha solución de almacenaxe práctica en aceiro galvanizado para espazos pequenos no interior ou no exterior. Queda igual de ben no balcón e na entrada, a cociña ou o baño. Robusta, lixeira e ideal para zonas húmidas.
Detalles do produto
Esta unidade de almacenaxe é perfecta para testos e plantas, e pode transformarse facilmente nun invernadoiro se a rematas cunha funda HYLLIS.
Pode usarse en interiores e exteriores, tanto en balcóns como na cociña, na entrada ou no baño.
Coa funda HYLLIS podes protexer as túas cousas da choiva e do po. Véndese por separado.
Se queres unha solución de almacenaxe máis grande, podes combinar varias unidades de estantes da mesma serie.
Os pés de plástico incluídos protexen o chan das rabuñaduras.
IKEA of Sweden
Medicións
- Ancho: 60 cm
- fondo: 27 cm
- Altura: 74 cm
- Peso máximo/andel: 25 kg
Opinións dos clientes
Explora as túas opcións
Combina mobles e decoración do dormitorio para atopar o axuste perfecto para a túa casa.


HYLLIS crea espazos para a vida no balcón
Algunhas persoas vivimos en lugares máis pequenos dos que nos gustaría. Isto a miúdo implica unha busca constante de espazo. Entón, por que non intentar usar o espazo que temos de xeitos máis intelixentes? Isto foi algo que os nosos desenvolvedores de produto querían axudar a conseguir cando crearon unha versión compacta de HYLLIS, un estante que cabe en case calquera sitio e que se pode usar se queres cultivar as túas herbas e plantas pequenas.
Philip Dilé, un dos membros do equipo de desenvolvemento de HYLLIS, vive nun apartamento con balcón no sur de Suecia. "O meu balcón está ateigado. Gustaríame utilizalo para algo máis que almacenaxe, e penso que moitos dos nosos clientes pensan igual".
A cuberto dos elementos
Para protexer o noso balcón dos elementos climatolóxicos, do vento e dos fumes, non adoita abondar coa protección do veciño de enriba. Por iso, o equipo decidiu crear unha funda para HYLLIS. Fixérona transparente e engadíronlle orificios de ventilación. Isto posibilita o uso da funda e do estante a modo de invernadoiro.
Convértete nun granxeiro de balcón
"Cultivo herbas na casa. Axúdame a aforrar cartos e é interesante ver como agroma a vida no teu propio balcón. Penso que as persoas que viven en cidades tamén deberían poder cultivar pequenas plantas e herbas, mesmo se non teñen acceso a un xardín", comenta Philip. Co estante e a funda HYLLIS, poderán facelo a pequena escala e utilizar o balcón para máis cousas que para almacenamento: engadindo algo de verde e un uso máis intelixente do espazo do fogar.
Material
Que é o aceiro?
O aceiro ten unhas peculiaridades únicas, xa que conserva a súa dureza aínda cando se traballa e dá forma. Mellora a resistencia de calquera cousa, desde rañaceos ata coches, pasando por estruturas de cama e mobles de xardín. Este sector está buscando a maneira de producir aceiro máis forte e dunha maneira máis eficiente. Hoxe, o aceiro é un dos materiais máis reciclados do mundo, sen que o proceso de reciclaxe implique que perda as súas propiedades.