Como conseguilo
O moble e as figuras inspiran a xogar e imaxinar aventuras cotiás no dormitorio ou no baño de xoguete. Os nenos e nenas explorarán as rutinas e practicarán habilidades sociais dunha forma divertida e natural.
Detalles do produto
Mobles IKEA e dúas alegres figuriñas que nunca cansan de xogar. Arróupaos e lelles un conto para durmir, mais non antes de que se dean un baño relaxante e laven os dentes.
As figuras poden deixarse de pé ou apoiadas, e as partes do seu corpo son intercambiables.
Miniaturas de mobiliario icónico de IKEA: un agasallo perfecto para coleccionistas de todas as idades!
O xogo de roles é unha forma de procesar experiencias, practicar a interacción cos e coas outras e axúdalles a comprender o medio.
Creado coa axuda de nenas e nenos en sesións divertidas onde expresan as súas ideas e o que pensan. As súas opinións inflúen nas nosas decisións e fan que os nosos produtos sexan mellores. A fin de contas eles son os expertos!
M Krupińska/D Wahl
Medicións

Miniaturas inspiradas polo xogo
Aos cativos encántalles xogar coas miniaturas, mais o xogo non sempre vai por onde os adultos agardamos. Ao crearmos o mobiliario e as figuras da casa de bonecas HUSET, buscamos inspiración e ideas nos propios nenos e nenas.
Ao traballar con produtos infantís, sempre empezamos cos datos, investigacións e as nosas prpias interaccións cos cativos. "Comezamos o proxecto HUSET con sesións de xogo con cativos de entre catro e sete anos", di Maria Pavlovcin, especializada nas interaccións cos cativos. "Sempre resulta interesante escoitar o que pensan, comprender as súas necesidades e ver como a súa imaxinación cobra vida".
Todo o mundo é benvido ao mundo animal
Co paso dos anos, aprendemos que aos cativos lles encantan as figuras pequeniñas que poden formar parte do seu xogo. "Decidimos converter as figuras de HUSET en personaxes animais, xa que da pé a un tipo de xogo máis libre, sen ideas prefixadas sobre quen son e de onde veñen". Durante as sesións de xogo, Maria e o seu equipo chegaron a escoitar aos nenos e nenas contar historias rechamantes, cheas de imaxinación e cargadas de acción. "Isto inspirounos a crear o personaxe do raposo, que te mira co ollo medio pechado e un sorriso torcido e que convida á imaxinación do cativo a decidir que pasa a continuación na historia".
Co xogo, todo é posible
Varias das pezas de mobiliario de HUSET son versións en miniatura de produtos IKEA reais. Isto achega un divertido senso de recoñecemento, mais o xogo non ten por que ser tan realista como os adultos podemos pensar. "Un rapaz pensou que unha lámpada de papel podía ser perfectamente unha maceira (sobresaíndo da cheminea da casa de bonecas FLISAT). Todo é posible cando deixas fluír a imaxinación", conclúe Maria. "O que resulta marabilloso de coñecer os cativos é que sempre nos dan algo novo; así podemos crear produtos realmente relevantes para eles".
Funcionalidade
Xogo de roles para usar a imaxinación
Cando as e os nenos xogan a imitar os seus pais e outros adultos, están a procesar os seus sentimentos e a comprender o mundo que as e os rodea. Meter unha peluche na cama, construír unha estrada, cociñar na cociña de xoguete e servir a comida é moito máis ca un xogo. Axúdalles a mellorar as súas habilidades motoras e as capacidades sociais e cognitivas. Hai moito que aprender!
Form design process
Creado coa axuda de nenos
As nenas e os nenos son as persoas máis importantes do mundo e queremos saber a súa opinión, xa que creamos produtos para eles. Así foi como convidamos nenas e nenas a sesións creativas onde poden participar no deseño de produtos. Poden expresarse libremente e debuxar ou dicirnos o que para elas e eles é máis importante. As súas opinións axudan a crearmos produtos mellores. A fin de contas eles son os expertos!
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"Xogar é unha actividade cun impacto moi importante durante os primeiros anos e por iso a serie HUSET, coas súas cores, é perfecta para calquera nena ou neno. Inclúe os típicos mobles en miniatura que poderiamos encontrar en calquera estancia de verdade. As figuras, de xénero neutro, teñen forma de animais e todas elas poden utilizar os mobles, xa que tanto as podes sentar como poñer de pé. Tamén é posible cambiar as cabezas, corpos e patas dos animais, unha característica que, agardamos, axude a acender a faísca da imaxinación e os leve a crear as súas propias historias mentres xogan".