Saltar
Novidade

HUSET Figuras e mobles para casa bonecas

12,99€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

O moble e as figuras inspiran a xogar e imaxinar aventuras cotiás na sala de estar e a cociña de xoguete. Os nenos e nenas explorarán as rutinas e practicarán habilidades sociais dunha forma divertida e natural.

Número de artigo705.974.97

Detalles do produto

Mobles IKEA e dúas alegres figuriñas que nunca cansan de xogar. Cear xuntos na sala é moi cómodo! Mais quen preparará a comida hoxe na cociña de xoguete?

Miniaturas de mobiliario icónico de IKEA: un agasallo perfecto para coleccionistas de todas as idades!

O xogo de roles é unha forma de procesar experiencias, practicar a interacción cos e coas outras e axúdalles a comprender o medio.

Creado coa axuda de nenas e nenos en sesións divertidas onde expresan as súas ideas e o que pensan. As súas opinións inflúen nas nosas decisións e fan que os nosos produtos sexan mellores. A fin de contas eles son os expertos!

Deseñador

M Krupińska/D Wahl

Número de artigo705.974.97

Información útil

Inclúe: 2 figuras (gatos e oso), 1 cociña infantil SILLTRUT, 1 sofá KLIPPAN, 1 libraría BILLY, 1 tallo infantil MAMMUT, 1 mesa DOKSTA, 2 cadeiras RÖNNINGE (diferentes cores) e 1 alfombra STOCKHOLM.

Pódese combinar con outros conxuntos HUSET, casa de bonecas/andel FLISAT e alfombra HUSSPARV.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Mantemento

Secar cun pano seco.

Seguridade e conformidade

Recomendado para nenos a partir de 3 anos de idade.Este produto leva marcado CE.

Medicións

Embalaxe

HUSET

Número de artigo705.974.97
  • Ancho: 16 cm
  • Alto: 12 cm
  • Longo: 22 cm
  • Peso: 0.71 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.7Valoración media
9Opinións
HUSET Figuras e mobles para casa bonecas

Miniaturas inspiradas polo xogo

Aos cativos encántalles xogar coas miniaturas, mais o xogo non sempre vai por onde os adultos agardamos. Ao crearmos o mobiliario e as figuras da casa de bonecas HUSET, buscamos inspiración e ideas nos propios nenos e nenas.

Ao traballar con produtos infantís, sempre empezamos cos datos, investigacións e as nosas prpias interaccións cos cativos. "Comezamos o proxecto HUSET con sesións de xogo con cativos de entre catro e sete anos", di Maria Pavlovcin, especializada nas interaccións cos cativos. "Sempre resulta interesante escoitar o que pensan, comprender as súas necesidades e ver como a súa imaxinación cobra vida".

Todo o mundo é benvido ao mundo animal

Co paso dos anos, aprendemos que aos cativos lles encantan as figuras pequeniñas que poden formar parte do seu xogo. "Decidimos converter as figuras de HUSET en personaxes animais, xa que da pé a un tipo de xogo máis libre, sen ideas prefixadas sobre quen son e de onde veñen". Durante as sesións de xogo, Maria e o seu equipo chegaron a escoitar aos nenos e nenas contar historias rechamantes, cheas de imaxinación e cargadas de acción. "Isto inspirounos a crear o personaxe do raposo, que te mira co ollo medio pechado e un sorriso torcido e que convida á imaxinación do cativo a decidir que pasa a continuación na historia".

Co xogo, todo é posible

Varias das pezas de mobiliario de HUSET son versións en miniatura de produtos IKEA reais. Isto achega un divertido senso de recoñecemento, mais o xogo non ten por que ser tan realista como os adultos podemos pensar. "Un rapaz pensou que unha lámpada de papel podía ser perfectamente unha maceira (sobresaíndo da cheminea da casa de bonecas FLISAT). Todo é posible cando deixas fluír a imaxinación", conclúe Maria. "O que resulta marabilloso de coñecer os cativos é que sempre nos dan algo novo; así podemos crear produtos realmente relevantes para eles".

Máis información

Funcionalidade

Xogo de roles para usar a imaxinación

Cando as e os nenos xogan a imitar os seus pais e outros adultos, están a procesar os seus sentimentos e a comprender o mundo que as e os rodea. Meter unha peluche na cama, construír unha estrada, cociñar na cociña de xoguete e servir a comida é moito máis ca un xogo. Axúdalles a mellorar as súas habilidades motoras e as capacidades sociais e cognitivas. Hai moito que aprender!

Form design process

Creado coa axuda de nenos

As nenas e os nenos son as persoas máis importantes do mundo e queremos saber a súa opinión, xa que creamos produtos para eles. Así foi como convidamos nenas e nenas a sesións creativas onde poden participar no deseño de produtos. Poden expresarse libremente e debuxar ou dicirnos o que para elas e eles é máis importante. As súas opinións axudan a crearmos produtos mellores. A fin de contas eles son os expertos!

A idea tras o produto

A idea tras o produto

"Xogar é unha actividade cun impacto moi importante durante os primeiros anos e por iso a serie HUSET, coas súas cores, é perfecta para calquera nena ou neno. Inclúe os típicos mobles en miniatura que poderiamos encontrar en calquera estancia de verdade. As figuras, de xénero neutro, teñen forma de animais e todas elas poden utilizar os mobles, xa que tanto as podes sentar como poñer de pé. Tamén é posible cambiar as cabezas, corpos e patas dos animais, unha característica que, agardamos, axude a acender a faísca da imaxinación e os leve a crear as súas propias historias mentres xogan".

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.