Saltar

HÖVLIG Tenda para neno

29,99€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

As crianzas gozan facendo tendas e creando o seu recuncho no que poidan agocharse, xogar e descansar un anaco a cuberto. Se tes sorte, quizais te poidas apuntar a unha aventura ou recibir un convite para participar nun momento íntimo.

Número de artigo805.348.76

Detalles do produto

Unha gran tenda na que gozar de moitas horas de xogo, diversión, aventuras e inmersión en mundos de fantasía.

Como xogar é divertido en calquera lugar, a tenda ten un deseño simple con cores suaves que se adaptan a calquera cuarto.

O tecido deste produto está feito de poliéster, do cal, polo menos un 90% é reciclado.

Deseñador

Stina Lanneskog

Número de artigo805.348.76

Información útil

Só para empregar no interior.

Fácil de montar e de recoller ao acabar de xogar.

Ao igual có resto dos nosos produtos, a tenda está libre de substancias nocivas. Os paus de madeira teñen forma redondeada, sen bordos afiados, e están atados cunha corda para maior seguridade.

Non pendures grilandas luminosas, adornos nin outros obxectos tanto no exterior como no interior da tenda, xa que os nenos poderían engancharse con eles ao xogaren.

Pódese completar co tapete BÄNKKAMRAT para maior comodidade.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Tea:
100 % poliéster (90 % reciclado como mín.)
Marco:
NOTRANS, NOTRANS
Conector/ Estabilizador:
Plástico de polipropileno (50 % reciclado como mín.)

Mantemento

Lavar á man a 40 °C como máximo.

Non empregar lixivia.

Non secar na secadora.

Pasar o ferro a 110 ºC como máximo.

Non limpar en seco.

Seguridade e conformidade

Recomendado para nenos a partir de 3 anos de idade.Este produto leva marcado CE.

Montaxe e documentos

Instrucións de montaxe

HÖVLIG Tenda para neno805.348.76

Medicións

  • lonxitude: 120 cm
  • Ancho: 120 cm
  • Altura: 164 cm

Embalaxe

HÖVLIG

Número de artigo805.348.76
  • Ancho: 14 cm
  • Alto: 7 cm
  • Longo: 95 cm
  • Peso: 2.80 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4Valoración media
154Opinións

Material

Que é o poliéster reciclado?

Ao crear produtos a partir de poliéster reciclado, as botellas PET e outros obxectos teñen a posibilidade de ter outra vida e converterse así en tecidos, caixas, frontes de cociña e mesmo lámpada. Estes novos produtos garanten a mesma calidade cós produtos de poliéster virxe. E obviamente o resultado é igual de limpo e seguro. E pode que o mellor de todo é saber que estás a contribuír a utilizar menos materias primas.

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.