Saltar

HJÄLPA Cesto de reixa, branco, 60x55 cm

8€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Os organizadores de interiores HJÄLPA inclúen carrís, cestos, ganchos e andeis para aproveitar ó máximo os espazos dispoñibles e ter todo sempre en orde.

Número de artigo403.311.83

Detalles do produto

A roupa manterase como acabada de lavar durante máis tempo, xa que a malla permite que o aire circule.

Escorrégase sen esforzo e ten un tope para que non se saia do seu sitio.

Deseñador

IKEA of Sweden

Número de artigo403.311.83

Información útil

A cesta pode conter uns 8 pares de pantalóns dobrados ou 16 camisas.

Dispoñible en distintos anchos e fondos.

A completar coa guía extraíble para cestos HJÄLPA, que se vende á parte.

Combina co sistema de armarios PLATSA.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

NOTRANS, NOTRANS

Mantemento

Limpar cun pano humedecido cun deterxente suave.

Secar cun pano seco.

Medicións

  • Ancho: 53.8 cm
  • Estrutura, anchura: 60 cm
  • fondo: 51 cm
  • Altura: 15 cm
  • Estrutura, fondo: 55 cm
  • Peso máximo: 7 kg

Embalaxe

HJÄLPA

Número de artigo403.311.83
  • Ancho: 51 cm
  • Alto: 16 cm
  • Longo: 54 cm
  • Peso: 1.29 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.5Valoración media
39Opinións

Cambia contigo

A nosa casa a miúdo ten unhas dimensións limitadas, polo que pode ser desafiante atopar un lugar para todo. Co sistema de almacenaxe PLATSA, queriamos crear unha solución de almacenaxe versátil e sinxela que poidas refacer e ampliar, tanto vertical como horizontalmente, nos laterais ou no medio. Por riba de todo, o prezo debía ser baixo, e a calidade, alta. A solución: a calidade axeitada no lugar axeitado.

"Todo o que precisas son as túas mans", di o desenvolvedor de produto Freddy Kramer mentres encaixa unha estrutura PLATSA con outra. Encaixar, si. O secreto e un tipo de conector chamado cuña. Freddy continúa explicando por que é un aspecto importante o feito de poder montar ou separar estruturas con facilidade. "A vida das persoas hoxe en día non deixa de cambiar: mudámonos máis a miúdo, vivimos en espazos máis pequenos e ás veces compartimos a nosa casa. Por iso nosas necesidades cambian ao longo da vida".

Separa e reconfigura

Freddy mostra como se poden dispoñer as estruturas en vertical, horizontal ou ao xeito dunhas escaleiras, para despois completarse con andeis, cestos de arame, raíl para a roupa, caixóns e portas. "Mesmo pode utilizarse o exterior. Nesta parte, podes colocar ganchos ou un raíl para a roupa e fixalo entre dúas estruturas".

Amor nunha caixa branca

Para que PLATSA fose realmente duradeira, a calidade foi tan importante como a flexibilidade e a facilidade de montaxe. Porén, mellorar a calidade sen aumentar o prezo non é tarefa doada. "A calidade axeitada no lugar axeitado", di Freddy, e abre unha porta de armario. "Aquí, no exterior da porta, que podes ver e tocar todos os días, utilizamos unha lámina mate cunha textura fina, mentres que o interior, sen expoñer, está recuberto cunha lámina base máis sinxela". O proxecto PLATSA esixiu moito tempo e compromiso, mais tamén deu os seus resultados. "Estas caixas brancas baleiras para as estruturas, poden non dicirche moito a primeira vista, mais en realidade son caixas brancas cheas de amor", conclúe Freddy cun sorriso.

Máis información

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.