HAVBÄCK / ORRSJÖN Moble con caixións/lavabo/billa
Tamén precisarás
Como conseguilo
10 ano de garantía
Os mobles de baño HAVBÄCK teñen un deseño sinxelo que se pode personalizar facilmente con asas ou tiradores. Este combo inclúe 2 caixóns amplos e ten espazo no lavabo para a pasta de dentes e o xabón.
Detalles do produto
Caixóns amplos, con capacidade suficiente para gardar todo o que necesitas. As canalizacións pasan por detrás, polo que non che quitarán espazo. Os caixóns ábrense completamente para que poidas acceder facilmente a todo o que gardas.
O acabado en beixe mate actúa como a base perfecta sobre a que crear un remanso de pazo no baño. Unha aparencia pulcra e sinxela fácil de personalizar coas asas ou tiradores da túa elección.
O lavabo dobre de cerámica, de formas suaves e superficies duradeiras, está feito cos mellores materiais para durar moitos anos.
Unhas asas ou tiradores axúdante a crear a solución ideal que se axuste ao teu gusto e estilo. O produto véndese por separado.
Este armario instálase na parede. Transmite unha sensación de amplitude e permite limpar facilmente o chan de debaixo. Podes poñerlle patas se queres.
Combina este produto con outros armarios da serie HAVBÄCK e crea unha solución coordinada para o baño que se axuste ás túas necesidades e espazo dispoñible.
10 anos de garantía. Consulta as condicións xerais no folleto de garantía.
Información técnica
DALSKÄR
Billa lavabo, cromado
Número de artigo905.321.17Nome de marca | |
Tipo de tampa | |
Velocidade máxima de fluxo a 3 bar | |
Consumo anual de enerxía | |
Presión do servizo recomendada | |
Presión do servizo mínima | |
Presión estática máxima | |
Máx. grosor do mesado | |
Medida do buraco para a montaxe | |
Lonxitude dos tubos de conexión | |
Diámetro racor tubo | |
Temperatura da auga fría recomendada | |
Temperatura da auga quente recomendada | |
Temperatura máx. da auga quente | |
Inclúe filtro | |
Certificación de terceiros segundo os estándares locais |
Medicións
- Ancho: 62.3 cm
- fondo: 49.4 cm
- Altura: 69.2 cm
- Fronte do caixón, grosor: 16 mm
Opinións dos clientes
Máis baño, menos cuarto?
Os baños adoitan ter tubos específicos de auga e drenaxe cos que pode ser difícil planificar o traballo. Podemos axudarte.


Unha elección obvia e unha convivencia perfecta
HAVBÄCK é un moble para o baño que facilita as cousas pola mañá, o momento no día onde o baño é máis solicitado. Ideal para empezar ben o día.
Sarah Fager, a deseñadora de HAVBÄCK, sabe algunha cousiña sobre as aglomeracións matutinas no baño. "Conforme soa a primeira alarma pola mañá, toda a familia sae correndo para ocupar un oco no baño. En situacións así, máis vale saber onde tes as túas cousas". Visto o visto é lóxico que o eixo sobre o que xira a familia HAVBÄCK sexa a funcionalidade.
O interior tamén importa
Visto desde fóra, HAVBÄCK transmite sosego e pulcritude, coas súas portas e caixóns de peche suave onde gardar botes e outros produtos de baño. "Pero o interior non só debería servir para gardar cousas. Tamén é importante que che permita saber onde tes cada cousa", di Sarah. Para evitar problemas con eses divisores que acaban caendo ou movéndose por dentro do moble, os divisores de HAVBÄCK están fixos no interior. "Utiliza a serie de organizadores VISSLAÅN e BOLLÖSUND para aproveitar ó máximo o espazo dos caixóns".
O eixo central do baño
Este moble está dispoñible en varios tamaños e podes elixir entre distintos lavabos para encontrar a combinación para ti e o teu baño. Un moble máis largo con lavabo dobre pode ser, por exemplo, a solución para alixeirar os atascos matutinos. Porén, unha opción con máis fondo é perfecta se queres lavar algunha cousiña á man. Ademais, o HAVBÄCK é máis fácil de montar ca moitas das nosas outras familias de baño anteriores. "O pequeno conector permite xuntar as partes sen necesidade de usar ningunha ferramenta. De feito, puidemos reducir o tempo de montaxe un 70% con respecto a outros mobles para o baño. Ideal se deveces por ver o teu baño preparado".
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"Cando me pediron que deseñase 3 novas series de baño con estilos únicos, pensei nas atafegadas mañás no meu propio fogar e na desorde que se pode acumular no baño. Os deseños e as prestacións da serie HAVBÄCK axudan a transmitir unha sensación de sosego e simplicidade. As liñas depuradas conseguen un aspecto despexado que podes realzar ó teu gusto con tiradores, un mesado e un lavabo. Que máis se pode pedir? O estilo queda moi en calquera fogar".