Visto desde fóra, HAVBÄCK transmite sosego e pulcritude, coas súas portas e caixóns de peche suave onde gardar botes e outros produtos de baño. "Pero o interior non só debería servir para gardar cousas. Tamén é importante que che permita saber onde tes cada cousa", di Sarah. Para evitar problemas con eses divisores que acaban caendo ou movéndose por dentro do moble, os divisores de HAVBÄCK están fixos no interior. "Utiliza a serie de organizadores VISSLAÅN e BOLLÖSUND para aproveitar ó máximo o espazo dos caixóns".
HAVBÄCK Armario de parede con porta, gris escuro, 40x15x95 cm
Tamén precisarás
Como conseguilo
10 ano de garantía
Aquelas persoas que valoran a calma e simplicidade saberán admirar a pulcritude e sinxeleza da serie de baños HAVBÄCK. Este armario de parede raso apenas ocupa espazo e grazas a el sempre terás as túas cousas á man.
Detalles do produto
As túas cousas sempre á vista neste armario de parede raso con andeis axustables.
As bisagras con amortecedores integrados aseguran a porta e péchana amodo, en silencio e suavemente.
Podes montar a porta para que se abra dende a dereita ou dende a esquerda.
Cunha asa ou un tirador poderás crear a solución ideal que se axuste ao teu gusto e estilo. Véndense por separado.
Inclúe un raíl de suspensión que facilita a instalación do armario na parede. Fixa o raíl na parede e despois colga o armario e asegúrao.
Combina este produto con outros armarios da serie HAVBÄCK e crea unha solución coordinada para o baño que se axuste ás túas necesidades e espazo dispoñible.
O exclusivo sistema de tacos a presión facilita a montaxe e permite que os accesorios de fixación queden practicamente invisibles.
Un deseño sinxelo combinado cun acabado mate gris escuro que transmite unha sensación de seguridade e calma fácil de personalizar cos tiradores e asas da túa elección.
10 anos de garantía. Consulta as condicións xerais no folleto de garantía.
Sarah Fager
Información útil
Fixar á parede para unha instalación segura. A fixación mural que se utilice dependerá do tipo de parede. Emprega fixacións adaptadas ás paredes da túa casa. Véndense á parte
Se tes dúbidas sobre a instalación, contacta cun profesional. A instalación debe realizarse segundo a normativa local sobre construción e fontanaría.
Este estante está pensado para instalar na parede.
Inclúe: 1 armario, 1 porta, 2 gonzos, 4 andeis axustables de cristal e guía de suspensión.
Os pomos e os tiradores véndense á parte.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Material
- Estrutura/ Porta:
- NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS
- Andel:
- NOTRANS
- Panel posterior:
- NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS
Mantemento
Secar cun pano seco.
Limpar con un pano suave humedecido en auga e, se fose necesario, un limpador non abrasivo.
Montaxe e documentos
Instrucións de montaxe
HAVBÄCK Armario de parede con porta405.350.57HAVBÄCK Armario de parede con porta405.350.57Consellos e instrucións de coidado
HAVBÄCK Armario de parede con porta405.350.57HAVBÄCK Armario de parede con porta405.350.57Medicións
- Ancho: 40.0 cm
- fondo: 15.0 cm
- Altura: 95.0 cm
- Grosor porta: 16 mm
Embalaxe
HAVBÄCK
Número de artigo405.350.57- Ancho: 39 cm
- Alto: 7 cm
- Longo: 99 cm
- Peso: 12.89 kg
- Paquete(s): 1
Opinións dos clientes

Unha elección obvia e unha convivencia perfecta
HAVBÄCK é un moble para o baño que facilita as cousas pola mañá, o momento no día onde o baño é máis solicitado. Ideal para empezar ben o día.
Sarah Fager, a deseñadora de HAVBÄCK, sabe algunha cousiña sobre as aglomeracións matutinas no baño. "Conforme soa a primeira alarma pola mañá, toda a familia sae correndo para ocupar un oco no baño. En situacións así, máis vale saber onde tes as túas cousas". Visto o visto é lóxico que o eixo sobre o que xira a familia HAVBÄCK sexa a funcionalidade.
O interior tamén importa
O eixo central do baño
Este moble está dispoñible en varios tamaños e podes elixir entre distintos lavabos para encontrar a combinación para ti e o teu baño. Un moble máis largo con lavabo dobre pode ser, por exemplo, a solución para alixeirar os atascos matutinos. Porén, unha opción con máis fondo é perfecta se queres lavar algunha cousiña á man. Ademais, o HAVBÄCK é máis fácil de montar ca moitas das nosas outras familias de baño anteriores. "O pequeno conector permite xuntar as partes sen necesidade de usar ningunha ferramenta. De feito, puidemos reducir o tempo de montaxe un 70% con respecto a outros mobles para o baño. Ideal se deveces por ver o teu baño preparado".
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"Cando me pediron que deseñase 3 novas series de baño con estilos únicos, pensei nas atafegadas mañás no meu propio fogar e na desorde que se pode acumular no baño. Os deseños e as prestacións da serie HAVBÄCK axudan a transmitir unha sensación de sosego e simplicidade. As liñas depuradas conseguen un aspecto despexado que podes realzar ó teu gusto con tiradores, un mesado e un lavabo. Que máis se pode pedir? O estilo queda moi en calquera fogar".






