- Apto para lavalouza
Os botes HALVTOM para especias levan o decorado dun restaurante á casa. De forma escultural e feitos de cristal marrón, son un complemento decorativo máis sobre a mesa.
Detalles do produto
Prácticos e ideais para ter na mesa mentres ceas en compañía ou na cociña mentres cociñas un festín.
Estes botes para sal/pementa tamén se poden utilizar para gardar outras especias.
Abonda con abrir a tampa e volver a encher o bote cando vexas que se está a esgotar o contido.
O vidro marrón reduce o efecto da luz solar e permite as especias conservaren o sabor durante máis tempo.
A tampa de rosca tamén se pode usar co bote HALVTOM de 300 ml.
Hanna-Kaarina Heikkilä
Medicións
- Unidades: 2 pack
- Altura: 12 cm
- diámetro: 6 cm
- volume: 15 cl
Opinións dos clientes
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"Cando deseñei os especieiros HALVTOM unha das miñas ideas era que as persoas se sentisen na casa coma se estivesen nun restaurante. Para min son como esculturas pequenas que transmiten un efecto estético, para ter sempre á man mentres cociñas ou na mesa. O vidro marrón transmite unha sensación cálida, natural e suave, mais tamén práctica xa que, no caso das especias, é mellor có vido transparente. Estes produtos son sinxelos, pero transmiten personalidade e complexidade".