HALVED Alfombra, á man multicolor, 170x240 cm
Tamén precisarás
Como conseguilo
Todas as alfombras 100 % de la son únicas, xa que foron tecidas á man por expertos artesáns en centros téxtiles organizados da India que ofrecen boas condicións laborais e soldos xustos.
Detalles do produto
Cada peza é única, xa que foi tecida á man por destros artesáns que traballan en centros organizados da India con condicións de traballo axeitadas e xornais xustos.
Grazas a que a superficie é de la resistente á sucidade e ao uso, esta alfombra é ideal para o salón ou debaixo da mesa do comedor.
Ao ter unha superficie lisa, resulta doado limpala coa aspiradora.
N Kapitza/P Kapitza
Información útil
Para esta alfombra necesitas 1 protección antiescorregante STOPP FILT (165x235 cm). De ser preciso podes acurtala.
Alfombra tecida á man.
Contén la de ovella.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Material
- Superficie de desgaste:
- NOTRANS
- Trama:
- NOTRANS
Mantemento
Para eliminar o cheiro a novo da alfombra, airéaa e pásalle a aspiradora.
Non se debe lavar á máquina.
Non empregar lixivia.
Non secar na secadora.
Non pasar o ferro.
Non limpar en seco.
Aspira e rota a alfombra con regularidade.
Manchas secas: elimínaas de xeito inmediato fretando con coidado cara o centro da mancha.
Manchas húmidas: non fretes. Absórbeas con papel de cociña; humedéceas cun pano e un limpador suave.
Limpeza profesional da alfombra cando sexa preciso.
Cando aspires a alfombra para limpala, emprega sempre o accesorio estándar para o chan, nunca o cepillo rotatorio.
Seguridade e conformidade
Medicións
- lonxitude: 240 cm
- Ancho: 170 cm
- grosor: 6 mm
- superficie: 4.08 m²
- densidade da superficie: 1970 g/m²
Embalaxe
HALVED
Número de artigo203.282.28- Ancho: 59 cm
- Alto: 12 cm
- Longo: 81 cm
- Peso: 8.64 kg
- Paquete(s): 1
Opinións dos clientes
Accesorios para HALVED
Material
Que é a la?
A la é un material natural moi práctico, que normalmente se obtén da ovella. A la sen tratar lávase e despois fíase. As alfombras de la teñen moitas vantaxes: son abrandadas e cálidas, e é moi agradable camiñar sobre elas. Ademais, son moi resistentes e repelen as manchas, grazas a que a la posúe unha graxa natural. Todas as alfombras de la soltan pelo, unhas máis, outras menos. Pásalles a aspiradora con frecuencia para evitar que as fibras soltas acaben formando peluxe pola habitación.
Funcionalidade
Adeus ás alfombras voadoras!
Os protectores antiescorregadizos STOPP e STOPP FILT manteñen as túas alfombras firmes para que ninguén escorregue. Corta os protectores ao tamaño que necesites. STOPP FILT, cun grosor de 4 mm, tamén axuda a conservar as alfombras manuais de nós e fará que todas as túas alfombras parezan máis grosas e abrandadas.
Form design process
Fabricado mediante a técnica de tecido en tear manual
Nos tecidos artesanais, os fíos horizontais (a trama) son entrelazados cos verticais (a urda) repetidamente ata completar a alfombra. En función da complexidade do deseño, facer unha alfombra seguindo esta técnica pode levar desde uns días até varias semanas. A diferenza doutras técnicas, como o tufting, esta técnica non produce unha superficie con pelo, mais unha superficie plana e uniforme. Esta técnica permite producir deseños e motivos elaborados e dá como resultado alfombras lixeiras e resistentes. Tamén son reversibles e fáciles de limpar, polo que son unha elección popular e práctica.
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"Vivimos e traballamos en Londres, un centro vibrante, colorido e creativo que nos inspira cada día. En particular, a incrible arte rueira do este de Londres. Esperamos que a alfombra HALVED anada o mesmo marabilloso toque de cor á túa vida. Sobre todo tendo en conta que a alfombra está feita a man na India, como parte do proxecto que IKEA puxo en marcha para formar e contratar a xente de alí. Isto converte á alfombra nun impulso de cor tanto para as persoas como para os fogares".








