Saltar

GULDVÄVARE Toalla para neno con carapucha, verde, 60x125 cm

9,99€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Non hai nada como abrigarse cunha toalla con capucha despois do baño. O teu bebé estará ben recollido entre o algodón orgánico con certificación GOTS cun motivo gofrado por fóra e felpa suave por dentro.

Número de artigo505.302.95

Detalles do produto

100% algodón orgánico con certificación GOTS (Global Organic Textile Standard).

Unha toalla con capucha que transforma o teu bebé nun gato. Feita de algodón orgánico cun interior de felpa que presenta un elevado nivel de absorbencia para que o poidas secar rapidamente e non se acatarre.

Tan grande que cobre o teu bebé da cabeza aos pés.

A carapucha é grande para que poidas utilizar esta toalla durante moito tempo.

A práctica capucha axuda a conservar a calor após un agradable baño e evita que a toalla caia se á túa filla ou fillo lle dá por moverse moito ou saír correndo.

A presilla permíteche penduralo nun pomo ou gancho.

Deseñador

Stina Lanneskog

Número de artigo505.302.95

Información útil

Se, por mor do desgaste, houber algún lazo ou fío que sobresaía máis ca outros, podes usar unhas tesoiras para cortalos e alinealo co resto.

Algodón con certificación orgánica GOTS: CMPY-158887.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Tea:
NOTRANS
Fío de bordar:
NOTRANS

Mantemento

Encolle un 6% como máximo.

Lavar a máquina a 60 °C como máximo, tratamento normal.

Lavar xunto con prendas de cor similar.

Non empregar lixivia.

Secar normal en secadora a temperatura normal (80 ºC como máximo).

Pasar o ferro a 200 ºC como máximo.

Non limpar en seco.

Lava este produto antes de usalo por primeira vez.

Seguridade e conformidade

Recomendado para bebés a partir de 0 anos.

Medicións

  • lonxitude: 125 cm
  • Ancho: 60 cm
  • Peso: 420 g/m²

Embalaxe

GULDVÄVARE

Número de artigo505.302.95
  • Ancho: 37 cm
  • Alto: 2 cm
  • Longo: 56 cm
  • Peso: 0.41 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.8Valoración media
24Opinións

Material

Téxtiles moi suaves de algodón orgánico

O algodón orgánico da colección GULDVÄVARE está certificado pola Global Organic Textile Standard (GOTS), un estándar de fibras orgánicas que inclúe criterios sociais e ecolóxicos. O tecido resistente soporta lavados a temperaturas elevadas, é suave ao tacto e moi absorbente. As propiedades perfectas para que o día a día co teu bebé sexa máis agradable.

A idea tras o produto

A idea tras o produto

"A miña idea con relación á colección GULDVÄVARE pasaba por crear un mundo para crianzas, lene coma o algodón e con animais, flores, listas e bordados, todo duradeiro e de aparencia moderna. Un mundo natural onde as follas se moven co vento, cae a choiva e con prados cheos de flores. Utilicei distintas técnicas de tecido, como a muselina e o terry, para crear contrastes táctiles. Adoro a muselina desde pequena, xa que é un material que adoita enrugarse e que resulta moi suave".

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.