Como conseguilo
É boa idea ter algo para protexer a roupa da túa filla ou fillo mentres comen por si sós Este babadeiro de silicona con peto é a mellor defensa contra os derramamentos. Fácil de limpar, enxaugar ou lavar na lavalouza.
Detalles do produto
Babadeiro feito de silicona impermeable, cun práctico peto co motivo dun gato que atrapa as pingas.
Fácil de poñer e quitar, xa que o peche do pescozo é axustable.
Fácil de dobrar e levar contigo de excursión ou viaxe nunha bolsa.
A superficie é fácil de lavar e secar, mesmo podes meter este babadeiro na lavalouza.
Stina Lanneskog
Medicións
Opinións dos clientes
Material
Que é o caucho de silicona?
O caucho de silicona é un material flexible feito a partir de silicona e capaz de resistir temperaturas elevadas sen rachar. Tamén é impermeable e fácil de secar/enxaugar ou lavar na lavalouza. Todas estas propiedades fan da silicona o material perfecto para usármolo en distintos tipos de produtos infantís, como mamadeiras, pratos e manteis individuais.
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"A miña idea con relación á colección GULDVÄVARE pasaba por crear un mundo para crianzas, lene coma o algodón e con animais, flores, listas e bordados, todo duradeiro e de aparencia moderna. Un mundo natural onde as follas se moven co vento, cae a choiva e con prados cheos de flores. Utilicei distintas técnicas de tecido, como a muselina e o terry, para crear contrastes táctiles. Adoro a muselina desde pequena, xa que é un material que adoita enrugarse e que resulta moi suave".