Saltar
Novidade

GREJSIMOJS Xoguete brando, xogo de 3, gato coello/oso multicolor

3,99€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Un xogo de 3 fermosos bonecos cunha divertida expresión e que deixan moito para a imaxinación. Son os compañeiros perfectos para as aventuras do teu fillo ou filla, tanto reais como imaxinarias.

Número de artigo706.020.74

Detalles do produto

O tamaño xusto para unha mochila ou para levar no peto.

Doados de fixar grazas aos pequenos lazos na cabeza dos peluches.

Queremos que os nosos peluches repartan amor durante moitos anos, e por iso facémolos con materiais agradables e ollos bordados, sometémolos a rigorosos test de lavado e asegurámonos de que non conteñen produtos químicos nocivos.

A todos os peluches gústalles abrazar, consolar, xogar e escoitar. Ademais, son de total confianza, pois pasaron probas de seguridade.

Coa colección GREJSIMOJS queremos fomentar as ganas de divertirse e pasar tempo xuntos. Os produtos sacan a relucir a xovialidade en todas as persoas, de todas as idades, no fogar e en situacións cotiás.

Deseñador

Marta Krupińska

Número de artigo706.020.74

Información útil

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Tea:
100 % poliéster - (100% reciclada)
Recheo:
100 % poliéster - fibra oca (100% reciclada)

Mantemento

Lavar á máquina a 40 °C como máximo, tratamento normal.

Non empregar lixivia.

Non secar na secadora.

Non pasar o ferro.

Non limpar en seco.

Seguridade e conformidade

Recomendado para nenos a partir de 3 anos de idade.Este produto leva marcado CE.

Montaxe e documentos

Consellos e instrucións de coidado

GREJSIMOJS Xoguete brando, xogo de 3706.020.74

Medicións

Embalaxe

GREJSIMOJS

Número de artigo706.020.74
  • Ancho: 8 cm
  • Alto: 7 cm
  • Longo: 8 cm
  • Peso: 0.03 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

5Valoración media
1Opinións
5Valoración media
1Opinións

Produtos relacionados

Recomendado para ti

GREJSIMOJS Xoguete brando, xogo de 3, gato coello/oso multicolor

Converte o teu fogar no paraíso do xogo

Que pasa cando un grupo de deseñadores se xuntan para mergullarse no mundo do xogo e das bromas? O primeiro, que se divirten coma cativos. O segundo, que crean unha colección de fundas de cadeira con pelo fantásticas, ratos con altofalantes, pufs con dentes e moito máis, todo pensado para fomentar o xogo na casa cada día.

"Cada vez máis pais se decatan da importancia do xogo para a felicidade e benestar dos seus fillos e queren xogar máis con eles. A colección GREJSIMOJS pretende dar resposta a este feito", afirma a líder en desenvolvemento Karin Blindh Pedersen.

Misión: facer sorrir ás persoas

Malia basearse firmemente na ciencia do xogo, o proceso de deseño foi tan divertido como os propios produtos. O que se pediu foi que cada deseñador comezase unha actividade cotiá perdendo a noción do tempo e divertíndose sen máis, ademais de crear obxectos que fagan sorrir ás persoas. "Para min, as bromas son un xeito de ver a vida que potencia a creatividade e me fai crer que todo é posible. Nunca deixarei que a miña nena interior madure", afirma Marta Krupinska, unha das deseñadoras detrás desta colección.

3, 116 ou algo polo medio? Estupendo!

Os produtos da colección GREJSIMOJS tocan todas as posibilidades, xa que van de coloridos a atrevidos e de elegantes a neutros. Ao combinaren diversión e funcionalidade, facilitan o xogo. Dá igual se vos perdedes nel ou se preferides ocultar a diversión diante dos ollos. E non só inspiran o xogo en todo o fogar, senón que inspiran a todas as persoas a liberar a súa parte graciosa. Cantos anos tes, 3, 116 ou algo polo medio? GREJSIMOJS é para ti.

Máis información

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.

Máis de Colección GREJSIMOJS

Accesorios para GREJSIMOJS