Malia basearse firmemente na ciencia do xogo, o proceso de deseño foi tan divertido como os propios produtos. O que se pediu foi que cada deseñador comezase unha actividade cotiá perdendo a noción do tempo e divertíndose sen máis, ademais de crear obxectos que fagan sorrir ás persoas. "Para min, as bromas son un xeito de ver a vida que potencia a creatividade e me fai crer que todo é posible. Nunca deixarei que a miña nena interior madure", afirma Marta Krupinska, unha das deseñadoras detrás desta colección.
Como conseguilo
Ábreo para convertelo nun cómodo tapete para xogos e despois devólvelle a súa forma orixinal de caixa para gardar xoguetes e outros accesorios pequenos. Os botóns permítenche darlle ao tapete tres formas distintas.
Detalles do produto
Tapete, área de xogos e caixa de almacenaxe: tres funcións no mesmo produto.
Os peches con ollais facilitan a conversión do tapete en caixas de distintos tamaños.
É moi doado gardar todo ao finalizar a sesión de xogo con so dobrar os bordos.
Dobra os bordos aínda máis para crear unha caixa de almacenaxe que te axuda a aforrar espazo ao finalizar a sesión de xogos. Os peches de ollais facilítanche o traballo!
Coa colección GREJSIMOJS queremos fomentar as ganas de divertirse e pasar tempo xuntos. Os produtos sacan a relucir a xovialidade en todas as persoas, de todas as idades, no fogar e en situacións cotiás.
Lukas Bazle
Información útil
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Material
- Tea:
- 100 % poliéster (90 % reciclado como mín.)
- Tratamento da superficie:
- 100 % poliuretano
- Recheo:
- 100% poliéster (mín. 60% reciclado)
- Botóns:
- Plástico ABS
Mantemento
Encolle un 4% como máximo.
Lavar á man a 40 °C como máximo.
Non empregar lixivia.
Non secar na secadora.
Pasar o ferro a 150º C como máximo.
Non limpar en seco.
Seguridade e conformidade
Montaxe e documentos
Instrucións de montaxe
GREJSIMOJS Tapete/caixa106.020.05Medicións
- lonxitude: 120 cm
- Ancho: 120 cm
- superficie: 1.44 m²
Embalaxe
GREJSIMOJS
Número de artigo106.020.05- Ancho: 41 cm
- Alto: 5 cm
- Longo: 41 cm
- Peso: 1.85 kg
- Paquete(s): 1
Produtos relacionados
Recomendado para ti

Converte o teu fogar no paraíso do xogo
Que pasa cando un grupo de deseñadores se xuntan para mergullarse no mundo do xogo e das bromas? O primeiro, que se divirten coma cativos. O segundo, que crean unha colección de fundas de cadeira con pelo fantásticas, ratos con altofalantes, pufs con dentes e moito máis, todo pensado para fomentar o xogo na casa cada día.
"Cada vez máis pais se decatan da importancia do xogo para a felicidade e benestar dos seus fillos e queren xogar máis con eles. A colección GREJSIMOJS pretende dar resposta a este feito", afirma a líder en desenvolvemento Karin Blindh Pedersen.
Misión: facer sorrir ás persoas
3, 116 ou algo polo medio? Estupendo!
Os produtos da colección GREJSIMOJS tocan todas as posibilidades, xa que van de coloridos a atrevidos e de elegantes a neutros. Ao combinaren diversión e funcionalidade, facilitan o xogo. Dá igual se vos perdedes nel ou se preferides ocultar a diversión diante dos ollos. E non só inspiran o xogo en todo o fogar, senón que inspiran a todas as persoas a liberar a súa parte graciosa. Cantos anos tes, 3, 116 ou algo polo medio? GREJSIMOJS é para ti.
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"De pequeno, lembro pasar máis tempo recollendo que xogando. Quería cambiar isto, xa que cada minuto de xogo era moi valioso. O tapete/caixa de almacenaxe GREJSIMOJS pode desdobrarse e serve como superficie ideal na que xogar. Despois, pode dobrarse de novo ata se converter nunha caixa de almacenaxe, e atoparás rapidamente sitio para gardar as cousas. O tapete tamén se pode converter nun xoguete creativo per se, por exemplo, dobrándoo para convertelo nunha casa".








