Saltar
Novidade

GREJSIMOJS Tallo nenos, forma de alce

27,99€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Cornos, cola e ollos: este tallo infantil de chapa curvada con forma de alce será un simpático amiguiño para todas as aventuras do cuarto dos nenos. Tamén pode ser un detalle decorativo na sala de estar.

Número de artigo505.989.59

Detalles do produto

É máis ca un tallo: a forma de alce esperta a imaxinación e fomenta o xogo creativo.

As curvas suaves da chapa dobrada, os detalles divertidos e a superficie lisa fan do tallo un produto bonito, divertido e perfecto para sentar.

Os cornos e o rabo poden cambiarse: nos mundos imaxinarios, un alce pode ter calquera aspecto posible.

Coa colección GREJSIMOJS queremos fomentar as ganas de divertirse e pasar tempo xuntos. Os produtos sacan a relucir a xovialidade en todas as persoas, de todas as idades, no fogar e en situacións cotiás.

Deseñador

Marta Krupińska

Número de artigo505.989.59

Información útil

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Tallo:
Multichapa de madeira encolada, Chapa de bidueiro, Chapa de bidueiro, Chapa de bidueiro, Chapa de bidueiro, Laca acrílica transparente tinguida
Tea:
Poliéster non tecido

Mantemento

Limpar cun pano húmido.

Montaxe e documentos

Instrucións de montaxe

GREJSIMOJS Tallo nenos505.989.59

Medicións

  • Ancho: 29 cm
  • fondo: 44 cm
  • anchura do asento: 20 cm
  • altura do asento: 28 cm
  • Peso máximo: 35 kg

Embalaxe

GREJSIMOJS

Número de artigo505.989.59
  • Ancho: 29 cm
  • Alto: 28 cm
  • Longo: 44 cm
  • Peso: 1.75 kg
  • Paquete(s): 1

Produtos relacionados

Recomendado para ti

GREJSIMOJS Tallo nenos, forma de alce

Converte o teu fogar no paraíso do xogo

Que pasa cando un grupo de deseñadores se xuntan para mergullarse no mundo do xogo e das bromas? O primeiro, que se divirten coma cativos. O segundo, que crean unha colección de fundas de cadeira con pelo fantásticas, ratos con altofalantes, pufs con dentes e moito máis, todo pensado para fomentar o xogo na casa cada día.

"Cada vez máis pais se decatan da importancia do xogo para a felicidade e benestar dos seus fillos e queren xogar máis con eles. A colección GREJSIMOJS pretende dar resposta a este feito", afirma a líder en desenvolvemento Karin Blindh Pedersen.

Misión: facer sorrir ás persoas

Malia basearse firmemente na ciencia do xogo, o proceso de deseño foi tan divertido como os propios produtos. O que se pediu foi que cada deseñador comezase unha actividade cotiá perdendo a noción do tempo e divertíndose sen máis, ademais de crear obxectos que fagan sorrir ás persoas. "Para min, as bromas son un xeito de ver a vida que potencia a creatividade e me fai crer que todo é posible. Nunca deixarei que a miña nena interior madure", afirma Marta Krupinska, unha das deseñadoras detrás desta colección.

3, 116 ou algo polo medio? Estupendo!

Os produtos da colección GREJSIMOJS tocan todas as posibilidades, xa que van de coloridos a atrevidos e de elegantes a neutros. Ao combinaren diversión e funcionalidade, facilitan o xogo. Dá igual se vos perdedes nel ou se preferides ocultar a diversión diante dos ollos. E non só inspiran o xogo en todo o fogar, senón que inspiran a todas as persoas a liberar a súa parte graciosa. Cantos anos tes, 3, 116 ou algo polo medio? GREJSIMOJS é para ti.

Máis información

A idea tras o produto

A idea tras o produto

"Quería que o tallo infantil GREJSIMOJS tivese unha identidade sueca distintiva. Entón pensei: que ten catro patas e está en Suecia? Os alces, claro! A madeira contrachapada arqueada pareceume o material ideal, xa que está ben integrada na tradición sueca do deseño. Gústame que o alce teña unha actitude lúdica, mais expresada de xeito minimalista, sen grandes decoracións. A miña visión? Que fique en moitas salas de estar mesmo cando os cativos abandonen o niño, como lembranza decorativa de cando eran pequechos".

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.

Máis de Colección GREJSIMOJS

Accesorios para GREJSIMOJS