Saltar
Novidade

GREJSIMOJS Taboleiro xogo, Pai fillo nai/multicolor

14,99€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

O tres en raia é un xogo clásico, quizais porque é moi sinxelo, pero moi divertido. É unha forma perfecta para que toda a familia ría, compita e o pase ben xogando xuntos.

Número de artigo506.020.32

Detalles do produto

Has de xogar de xeito estratéxico á vez que intentas predicir o seguinte movemento do teu adversario. Un exercicio excelente para o cerebro!

Un xeito ideal para que os cativos poñan en práctica a coordinación man-ollo.

As regras son doadas de comprender, mais leva un tempo converterse nun bo xogador, polo que o xogo é apto para nenos de varias idades e para adultos.

Tradicinalmente, é un xogo para dous xogadores, mais poden pasalo ben máis persoas se xogades en equipos.

Coa colección GREJSIMOJS queremos fomentar as ganas de divertirse e pasar tempo xuntos. Os produtos sacan a relucir a xovialidade en todas as persoas, de todas as idades, no fogar e en situacións cotiás.

Deseñador

Maria Vinka

Número de artigo506.020.32

Información útil

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Compoñente de taboleiro:
Bambú, Laca transparente de poliuretano/acrílico
Bóla:
Bambú, Pintura acrílica, Laca transparente de poliuretano/acrílico
Postes:
Elastómero termoplástico

Mantemento

Secar cun pano seco.

Seguridade e conformidade

Recomendado para nenos a partir de 3 anos de idade.Este produto leva marcado CE.

Montaxe e documentos

Consellos e instrucións de coidado

GREJSIMOJS Taboleiro xogo506.020.32

Medicións

  • lonxitude: 15 cm
  • Ancho: 15 cm

Embalaxe

GREJSIMOJS

Número de artigo506.020.32
  • Ancho: 15 cm
  • Alto: 13 cm
  • Longo: 15 cm
  • Peso: 1.01 kg
  • Paquete(s): 1

Produtos relacionados

Recomendado para ti

GREJSIMOJS Taboleiro xogo, Pai fillo nai/multicolor

Converte o teu fogar no paraíso do xogo

Que pasa cando un grupo de deseñadores se xuntan para mergullarse no mundo do xogo e das bromas? O primeiro, que se divirten coma cativos. O segundo, que crean unha colección de fundas de cadeira con pelo fantásticas, ratos con altofalantes, pufs con dentes e moito máis, todo pensado para fomentar o xogo na casa cada día.

"Cada vez máis pais se decatan da importancia do xogo para a felicidade e benestar dos seus fillos e queren xogar máis con eles. A colección GREJSIMOJS pretende dar resposta a este feito", afirma a líder en desenvolvemento Karin Blindh Pedersen.

Misión: facer sorrir ás persoas

Malia basearse firmemente na ciencia do xogo, o proceso de deseño foi tan divertido como os propios produtos. O que se pediu foi que cada deseñador comezase unha actividade cotiá perdendo a noción do tempo e divertíndose sen máis, ademais de crear obxectos que fagan sorrir ás persoas. "Para min, as bromas son un xeito de ver a vida que potencia a creatividade e me fai crer que todo é posible. Nunca deixarei que a miña nena interior madure", afirma Marta Krupinska, unha das deseñadoras detrás desta colección.

3, 116 ou algo polo medio? Estupendo!

Os produtos da colección GREJSIMOJS tocan todas as posibilidades, xa que van de coloridos a atrevidos e de elegantes a neutros. Ao combinaren diversión e funcionalidade, facilitan o xogo. Dá igual se vos perdedes nel ou se preferides ocultar a diversión diante dos ollos. E non só inspiran o xogo en todo o fogar, senón que inspiran a todas as persoas a liberar a súa parte graciosa. Cantos anos tes, 3, 116 ou algo polo medio? GREJSIMOJS é para ti.

Máis información

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.

Máis de Colección GREJSIMOJS

Accesorios para GREJSIMOJS