Malia basearse firmemente na ciencia do xogo, o proceso de deseño foi tan divertido como os propios produtos. O que se pediu foi que cada deseñador comezase unha actividade cotiá perdendo a noción do tempo e divertíndose sen máis, ademais de crear obxectos que fagan sorrir ás persoas. "Para min, as bromas son un xeito de ver a vida que potencia a creatividade e me fai crer que todo é posible. Nunca deixarei que a miña nena interior madure", afirma Marta Krupinska, unha das deseñadoras detrás desta colección.
Como conseguilo
Este enorme peluche esperta a imaxinación e é un amigo co que crear lembranzas no máxico mundo do xogo. E se o mundo se ensucia de cando en vez? Non pasa nada, o peluche é lavable!
Detalles do produto
O gran tamaño e o tacto agarimoso fan deste peluche un xoguete único. É irresistiblemente suave e convida a moitas apertas grandes e longas.
Queremos que os nosos peluches repartan amor durante moitos anos, e por iso facémolos con materiais agradables e ollos bordados, sometémolos a rigorosos test de lavado e asegurámonos de que non conteñen produtos químicos nocivos.
A todos os peluches gústalles abrazar, consolar, xogar e escoitar. Ademais, son de total confianza, pois pasaron probas de seguridade.
Coa colección GREJSIMOJS queremos fomentar as ganas de divertirse e pasar tempo xuntos. Os produtos sacan a relucir a xovialidade en todas as persoas, de todas as idades, no fogar e en situacións cotiás.
Marta Krupińska
Información útil
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Material
- Tea:
- 100 % poliéster - (100% reciclada)
- Recheo:
- 100 % poliéster - fibra oca (100% reciclada)
Mantemento
Lavar á máquina a 40 °C como máximo, tratamento normal.
Non empregar lixivia.
Non secar na secadora.
Non pasar o ferro.
Non limpar en seco.
Seguridade e conformidade
Medicións
- lonxitude: 100 cm
Embalaxe
GREJSIMOJS
Número de artigo806.020.83- Ancho: 50 cm
- Alto: 25 cm
- Longo: 100 cm
- Peso: 1.70 kg
- Paquete(s): 1
Opinións dos clientes
Produtos relacionados
Recomendado para ti

Converte o teu fogar no paraíso do xogo
Que pasa cando un grupo de deseñadores se xuntan para mergullarse no mundo do xogo e das bromas? O primeiro, que se divirten coma cativos. O segundo, que crean unha colección de fundas de cadeira con pelo fantásticas, ratos con altofalantes, pufs con dentes e moito máis, todo pensado para fomentar o xogo na casa cada día.
"Cada vez máis pais se decatan da importancia do xogo para a felicidade e benestar dos seus fillos e queren xogar máis con eles. A colección GREJSIMOJS pretende dar resposta a este feito", afirma a líder en desenvolvemento Karin Blindh Pedersen.
Misión: facer sorrir ás persoas
3, 116 ou algo polo medio? Estupendo!
Os produtos da colección GREJSIMOJS tocan todas as posibilidades, xa que van de coloridos a atrevidos e de elegantes a neutros. Ao combinaren diversión e funcionalidade, facilitan o xogo. Dá igual se vos perdedes nel ou se preferides ocultar a diversión diante dos ollos. E non só inspiran o xogo en todo o fogar, senón que inspiran a todas as persoas a liberar a súa parte graciosa. Cantos anos tes, 3, 116 ou algo polo medio? GREJSIMOJS é para ti.
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"O equipo quería crear o clásico peluche, un oso, mais dixo: e por que non facemos un xigante? Os prototipos grandes eran, e comezamos a preguntarnos como sería transportalo e lavalo. Reducimos o tamaño, mais ficamos coa idea de facer un oso enorme que tamén puidera estar en posición sentado na sala de estar. As reaccións dos nosos compañeiros inspirounos. Cun oso de peluche nos brazos, volvemos ser cativos, e isto fíxonos pensar en algo importante: non somos máis que nenos en corpos de adulto".





