Malia basearse firmemente na ciencia do xogo, o proceso de deseño foi tan divertido como os propios produtos. O que se pediu foi que cada deseñador comezase unha actividade cotiá perdendo a noción do tempo e divertíndose sen máis, ademais de crear obxectos que fagan sorrir ás persoas. "Para min, as bromas son un xeito de ver a vida que potencia a creatividade e me fai crer que todo é posible. Nunca deixarei que a miña nena interior madure", afirma Marta Krupinska, unha das deseñadoras detrás desta colección.
A pantalla de lámpada fornece unha iluminación xeral suave sen reflexos que enche a estancia dunha luz agradable.
Detalles do produto
Tórcea un chisco e tachán! A pantalla de lámpada desprégase por si soa. Non pode ser máis doado montala.
Coa colección GREJSIMOJS queremos fomentar as ganas de divertirse e pasar tempo xuntos. Os produtos sacan a relucir a xovialidade en todas as persoas, de todas as idades, no fogar e en situacións cotiás.
Lukas Bazle
Información útil
As monturas e a lámpada véndense por separado.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Material
- Tea:
- 92% poliéster (mín. 50% reciclado), 8 % elastano
- Tubo:
- Plástico de polipropileno
- Barra:
- Plástico reforzado de poliamida
- Fixación do cable:
- Aceiro, Revestimento en po
- Clip:
- Plástico ABS (mín. 50% reciclado)
Mantemento
Quita o po da lámpada cun plumeiro.
Seguridade e conformidade
Montaxe e documentos
Instrucións de montaxe
GREJSIMOJS Pantalla para lámpada de teito706.038.65Medicións
- Altura: 35 cm
- Ancho: 45 cm
Embalaxe
GREJSIMOJS
Número de artigo706.038.65- Ancho: 31 cm
- Alto: 2 cm
- Longo: 39 cm
- Peso: 0.22 kg
- Paquete(s): 1
Produtos relacionados
Recomendado para ti

Converte o teu fogar no paraíso do xogo
Que pasa cando un grupo de deseñadores se xuntan para mergullarse no mundo do xogo e das bromas? O primeiro, que se divirten coma cativos. O segundo, que crean unha colección de fundas de cadeira con pelo fantásticas, ratos con altofalantes, pufs con dentes e moito máis, todo pensado para fomentar o xogo na casa cada día.
"Cada vez máis pais se decatan da importancia do xogo para a felicidade e benestar dos seus fillos e queren xogar máis con eles. A colección GREJSIMOJS pretende dar resposta a este feito", afirma a líder en desenvolvemento Karin Blindh Pedersen.
Misión: facer sorrir ás persoas
3, 116 ou algo polo medio? Estupendo!
Os produtos da colección GREJSIMOJS tocan todas as posibilidades, xa que van de coloridos a atrevidos e de elegantes a neutros. Ao combinaren diversión e funcionalidade, facilitan o xogo. Dá igual se vos perdedes nel ou se preferides ocultar a diversión diante dos ollos. E non só inspiran o xogo en todo o fogar, senón que inspiran a todas as persoas a liberar a súa parte graciosa. Cantos anos tes, 3, 116 ou algo polo medio? GREJSIMOJS é para ti.




