Malia basearse firmemente na ciencia do xogo, o proceso de deseño foi tan divertido como os propios produtos. O que se pediu foi que cada deseñador comezase unha actividade cotiá perdendo a noción do tempo e divertíndose sen máis, ademais de crear obxectos que fagan sorrir ás persoas. "Para min, as bromas son un xeito de ver a vida que potencia a creatividade e me fai crer que todo é posible. Nunca deixarei que a miña nena interior madure", afirma Marta Krupinska, unha das deseñadoras detrás desta colección.
Como conseguilo
Unha mesa mini para traballos manuais, merendas imaxinarias ou momentos de tranquilidade. Combínaa co tallo GREJSIMOJS do mesmo estilo. A mesa intégrase facilmente en calquera cuarto e dálle un toque divertido.
Detalles do produto
O taboleiro de madeira e as patas curvas de metal en cor laranxa proporcionan unha mesa duradeira cun estilo que combina á perfección en calquera lugar.
Perfecto para as crianzas sentaren a ler, debuxar e facer pequenas obras de arte.
Complementa o tallo GREJSIMOJS no mesmo estilo e, cos dous produtos, o teu fillo terá o seu propio conxunto de mobiliario.
Coa colección GREJSIMOJS queremos fomentar as ganas de divertirse e pasar tempo xuntos. Os produtos sacan a relucir a xovialidade en todas as persoas, de todas as idades, no fogar e en situacións cotiás.
Wiebke Braasch
Información útil
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Material
- Pata:
- Aceiro, Revestimento epoxi/poliéster en po
- Taboleiro:
- Piñeiro macizo, Laca transparente de acrílico
Mantemento
Limpar cun pano humedecido cun deterxente suave.
Seguridade e conformidade
Montaxe e documentos
Instrucións de montaxe
GREJSIMOJS Mesa para nenos705.989.63Consellos e instrucións de coidado
GREJSIMOJS Mesa para nenos705.989.63GREJSIMOJS Mesa para nenos705.989.63Medicións
- lonxitude: 84 cm
- Ancho: 42 cm
- Altura: 45 cm
Embalaxe
GREJSIMOJS
Número de artigo705.989.63- Ancho: 49 cm
- Alto: 17 cm
- Longo: 90 cm
- Peso: 6.65 kg
- Paquete(s): 1
Opinións dos clientes
Accesorios para GREJSIMOJS
Produtos relacionados
Recomendado para ti

Converte o teu fogar no paraíso do xogo
Que pasa cando un grupo de deseñadores se xuntan para mergullarse no mundo do xogo e das bromas? O primeiro, que se divirten coma cativos. O segundo, que crean unha colección de fundas de cadeira con pelo fantásticas, ratos con altofalantes, pufs con dentes e moito máis, todo pensado para fomentar o xogo na casa cada día.
"Cada vez máis pais se decatan da importancia do xogo para a felicidade e benestar dos seus fillos e queren xogar máis con eles. A colección GREJSIMOJS pretende dar resposta a este feito", afirma a líder en desenvolvemento Karin Blindh Pedersen.
Misión: facer sorrir ás persoas
3, 116 ou algo polo medio? Estupendo!
Os produtos da colección GREJSIMOJS tocan todas as posibilidades, xa que van de coloridos a atrevidos e de elegantes a neutros. Ao combinaren diversión e funcionalidade, facilitan o xogo. Dá igual se vos perdedes nel ou se preferides ocultar a diversión diante dos ollos. E non só inspiran o xogo en todo o fogar, senón que inspiran a todas as persoas a liberar a súa parte graciosa. Cantos anos tes, 3, 116 ou algo polo medio? GREJSIMOJS é para ti.





