Malia basearse firmemente na ciencia do xogo, o proceso de deseño foi tan divertido como os propios produtos. O que se pediu foi que cada deseñador comezase unha actividade cotiá perdendo a noción do tempo e divertíndose sen máis, ademais de crear obxectos que fagan sorrir ás persoas. "Para min, as bromas son un xeito de ver a vida que potencia a creatividade e me fai crer que todo é posible. Nunca deixarei que a miña nena interior madure", afirma Marta Krupinska, unha das deseñadoras detrás desta colección.
Á túa filla ou fillo gústanlles as cadeiras MAMMUT? Dálle un toque máis agradable, suave e cómodo con esta funda de poliéster (90% reciclado). E non queda aí a cousa: a maiores deberías saber que é extraíble e que a podes lavar na lavadora!
Detalles do produto
Unha maneira doada de darlle á túa vella cadeira MAMMUT un toque completamente novo, cunha divertida capa de pelo.
Fácil de extraer e poñer de volta.
Crea unha estancia chea de cor, diversión e toda conxuntada con outros artigos da colección GREJSIMOJS.
Coa colección GREJSIMOJS queremos fomentar as ganas de divertirse e pasar tempo xuntos. Os produtos sacan a relucir a xovialidade en todas as persoas, de todas as idades, no fogar e en situacións cotiás.
Carl Öjerstam
Información útil
Compatible con cadeiras MAMMUT.
Cepilla a funda após lavala para volver a darlle volume.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Material
- Tea:
- 100 % poliéster (90 % reciclado como mín.)
- Botóns:
- Plástico ABS
Mantemento
Encolle un 4% como máximo.
Lavar á máquina a 30 °C, ciclo delicado.
Lavar xunto con prendas de cor similar.
Antes de lavala, pon a funda do revés e péchaa.
Non empregar lixivia.
Non secar na secadora.
Non pasar o ferro.
Non limpar en seco.
Estíraa cando estea húmida e cepíllaa unha vez seca.
Lava este produto antes de usalo por primeira vez.
Seguridade e conformidade
Medicións
Embalaxe
GREJSIMOJS
Número de artigo306.043.67- Ancho: 40 cm
- Alto: 6 cm
- Longo: 45 cm
- Peso: 0.41 kg
- Paquete(s): 1
Opinións dos clientes
Produtos relacionados
Recomendado para ti

Converte o teu fogar no paraíso do xogo
Que pasa cando un grupo de deseñadores se xuntan para mergullarse no mundo do xogo e das bromas? O primeiro, que se divirten coma cativos. O segundo, que crean unha colección de fundas de cadeira con pelo fantásticas, ratos con altofalantes, pufs con dentes e moito máis, todo pensado para fomentar o xogo na casa cada día.
"Cada vez máis pais se decatan da importancia do xogo para a felicidade e benestar dos seus fillos e queren xogar máis con eles. A colección GREJSIMOJS pretende dar resposta a este feito", afirma a líder en desenvolvemento Karin Blindh Pedersen.
Misión: facer sorrir ás persoas
3, 116 ou algo polo medio? Estupendo!
Os produtos da colección GREJSIMOJS tocan todas as posibilidades, xa que van de coloridos a atrevidos e de elegantes a neutros. Ao combinaren diversión e funcionalidade, facilitan o xogo. Dá igual se vos perdedes nel ou se preferides ocultar a diversión diante dos ollos. E non só inspiran o xogo en todo o fogar, senón que inspiran a todas as persoas a liberar a súa parte graciosa. Cantos anos tes, 3, 116 ou algo polo medio? GREJSIMOJS é para ti.
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"Un amigo peludo, suave e colorido sobre o que sentar ou sobre o que cabalgar coa imaxinación a novas aventuras. Nos mundos fantásticos infantís, mesmo as cadeiras teñen pelo suave e unha personalidade de seu. Isto era o que tiña en mente cando creei a funda GREJSIMOJS para cadeiras MAMMUT: unha homenaxe á diversión! Mais non só iso: tamén quería crear algo máxico e novo coas cousas que xa tivésedes na casa, no canto de simplemente mercar unha cadeira nova. Unha mensaxe importante, especialmente para nenas e nenos".







