Saltar
Novidade

GREJSIMOJS Colgadoiro, 125 cm

49,99€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Os cuartos infantís adoitan estar cheos de roupa, que hai que gardar e colgar nalgún sitio. Este divertido colgadoiro ten a altura perfecta para que os máis cativos da casa se divirtan ordenando.

Número de artigo106.029.96

Detalles do produto

Coa colección GREJSIMOJS queremos fomentar as ganas de divertirse e pasar tempo xuntos. Os produtos sacan a relucir a xovialidade en todas as persoas, de todas as idades, no fogar e en situacións cotiás.

O colgadoiro tórnase parte do xogo e fai que manter a orde sexa máis doado e divertido.

Os artigos pequenos e lixeiros como os calcetíns e a roupa interior poden colocarse no testo, un xeito divertido de que o teu cativo comece a ordenar e separar a roupa.

Deseñador

Marta Krupińska

Número de artigo106.029.96

Información útil

Só para empregar no interior.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Estrutura:
Taboleiro de fibras, Pintura acrílica
Colgadoiro:
Taboleiro de fibras, Pintura acrílica, Pintura
Cesta:
100% poliéster (mín. 80% reciclado)

Mantemento

Non se debe lavar á máquina.

Non empregar lixivia.

Non secar na secadora.

Non pasar o ferro.

Non limpar en seco.

Limpar cun pano húmido.

Seguridade e conformidade

Recomendado para nenos a partir de 3 anos de idade.

Montaxe e documentos

Instrucións de montaxe

GREJSIMOJS Colgadoiro106.029.96

Medicións

  • Altura: 125 cm
  • diámetro: 48 cm
  • Peso máx/gancho: 5.00 kg

Embalaxe

GREJSIMOJS

Número de artigo106.029.96
  • Ancho: 48 cm
  • Alto: 3 cm
  • Longo: 127 cm
  • Peso: 6.16 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

5Valoración media
1Opinións
5Valoración media
1Opinións

Produtos relacionados

Recomendado para ti

GREJSIMOJS Colgadoiro, 125 cm

Converte o teu fogar no paraíso do xogo

Que pasa cando un grupo de deseñadores se xuntan para mergullarse no mundo do xogo e das bromas? O primeiro, que se divirten coma cativos. O segundo, que crean unha colección de fundas de cadeira con pelo fantásticas, ratos con altofalantes, pufs con dentes e moito máis, todo pensado para fomentar o xogo na casa cada día.

"Cada vez máis pais se decatan da importancia do xogo para a felicidade e benestar dos seus fillos e queren xogar máis con eles. A colección GREJSIMOJS pretende dar resposta a este feito", afirma a líder en desenvolvemento Karin Blindh Pedersen.

Misión: facer sorrir ás persoas

Malia basearse firmemente na ciencia do xogo, o proceso de deseño foi tan divertido como os propios produtos. O que se pediu foi que cada deseñador comezase unha actividade cotiá perdendo a noción do tempo e divertíndose sen máis, ademais de crear obxectos que fagan sorrir ás persoas. "Para min, as bromas son un xeito de ver a vida que potencia a creatividade e me fai crer que todo é posible. Nunca deixarei que a miña nena interior madure", afirma Marta Krupinska, unha das deseñadoras detrás desta colección.

3, 116 ou algo polo medio? Estupendo!

Os produtos da colección GREJSIMOJS tocan todas as posibilidades, xa que van de coloridos a atrevidos e de elegantes a neutros. Ao combinaren diversión e funcionalidade, facilitan o xogo. Dá igual se vos perdedes nel ou se preferides ocultar a diversión diante dos ollos. E non só inspiran o xogo en todo o fogar, senón que inspiran a todas as persoas a liberar a súa parte graciosa. Cantos anos tes, 3, 116 ou algo polo medio? GREJSIMOJS é para ti.

Máis información

A idea tras o produto

A idea tras o produto

De pequena, pensaba que algunhas perchas cos brazos estendidos parecían cactos. Como adulta, considero que os cactos representan a ledicia da gama IKEA. Por iso, sentín que a percha GREJSIMOJS tiña que ter esta forma. É divertida á vez que funcional e útil. Agardo que os cativos sintan estas perchas como súas e de ninguén máis e que os axuden a organizar as súas cousiñas.

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.

Máis de Colección GREJSIMOJS

Accesorios para GREJSIMOJS