Malia basearse firmemente na ciencia do xogo, o proceso de deseño foi tan divertido como os propios produtos. O que se pediu foi que cada deseñador comezase unha actividade cotiá perdendo a noción do tempo e divertíndose sen máis, ademais de crear obxectos que fagan sorrir ás persoas. "Para min, as bromas son un xeito de ver a vida que potencia a creatividade e me fai crer que todo é posible. Nunca deixarei que a miña nena interior madure", afirma Marta Krupinska, unha das deseñadoras detrás desta colección.
Como conseguilo
Con estes bloques, ti e mailo teu fillo ou filla poderedes crear unha chea de figuras divertidas e creativas. Un xeito estupendo de explorar as formas, os tamaños, o equilibrio e aprender como encaixan as cousas.
Detalles do produto
Cando os cativos experimentan con diferentes combinacións de formas, desenvolven o sentido do deseño e da estética. Ao remataren, terás unha ou varias figuriñas que poden facer unhas decoracións divertidas.
Coa colección GREJSIMOJS queremos fomentar as ganas de divertirse e pasar tempo xuntos. Os produtos sacan a relucir a xovialidade en todas as persoas, de todas as idades, no fogar e en situacións cotiás.
Monika Mulder
Información útil
Inclúe: 5 cabezais, 3 pezas pequenas, 2 pezas longas, 4 patas curtas, 4 patas medianas e 2 patas longas.
Crea combinacións aínda máis creativas mercando dous xogos ou máis.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Mantemento
Secar cun pano seco.
Seguridade e conformidade
Medicións
Embalaxe
GREJSIMOJS
Número de artigo606.020.36- Ancho: 12 cm
- Alto: 10 cm
- Longo: 24 cm
- Peso: 0.84 kg
- Paquete(s): 1
Produtos relacionados
Recomendado para ti

Converte o teu fogar no paraíso do xogo
Que pasa cando un grupo de deseñadores se xuntan para mergullarse no mundo do xogo e das bromas? O primeiro, que se divirten coma cativos. O segundo, que crean unha colección de fundas de cadeira con pelo fantásticas, ratos con altofalantes, pufs con dentes e moito máis, todo pensado para fomentar o xogo na casa cada día.
"Cada vez máis pais se decatan da importancia do xogo para a felicidade e benestar dos seus fillos e queren xogar máis con eles. A colección GREJSIMOJS pretende dar resposta a este feito", afirma a líder en desenvolvemento Karin Blindh Pedersen.
Misión: facer sorrir ás persoas
3, 116 ou algo polo medio? Estupendo!
Os produtos da colección GREJSIMOJS tocan todas as posibilidades, xa que van de coloridos a atrevidos e de elegantes a neutros. Ao combinaren diversión e funcionalidade, facilitan o xogo. Dá igual se vos perdedes nel ou se preferides ocultar a diversión diante dos ollos. E non só inspiran o xogo en todo o fogar, senón que inspiran a todas as persoas a liberar a súa parte graciosa. Cantos anos tes, 3, 116 ou algo polo medio? GREJSIMOJS é para ti.




