Saltar
Novidade

GREJSIMOJS Almacenaxe con tampa, forma de gato negro/branco

7,99€
  • GREJSIMOJS Almacenaxe con tampa, forma de gato laranxa/branco
  • GREJSIMOJS Almacenaxe con tampa, forma de gato negro/branco

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Este amiguiño é máis ca un divertido detalle de interiores. É tamén o lugar perfecto onde gardar obxectos pequenos, como chaves, bolígrafos e cargadores. Feito de plástico resistente, cun mínimo de 50% de contido reciclado.

Número de artigo506.031.78

Detalles do produto

Coa colección GREJSIMOJS queremos fomentar as ganas de divertirse e pasar tempo xuntos. Os produtos sacan a relucir a xovialidade en todas as persoas, de todas as idades, no fogar e en situacións cotiás.

Este gatiño é unha solución de almacenaxe práctica que poderás mover facilmente de estancia a estancia.

O lugar perfecto para agochar tesouros ou obxectos pequenos como accesorios para o cabelo, cadernos, bolígrafos, cargadores ou chaves.

Un compoñente divertido e práctico para todas aquelas persoas que buscan alegrar o seu fogar.

Deseñador

Marta Krupińska

Número de artigo506.031.78

Información útil

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Polipropileno (mín. 50% reciclado)

Mantemento

Limpar cunha suave solución xabonosa.

Secar cun pano seco.

Seguridade e conformidade

A partir de 7 anos de idade.

Medicións

  • Altura: 24 cm
  • diámetro: 15 cm

Embalaxe

GREJSIMOJS

Número de artigo506.031.78
  • Longo: 18 cm
  • Peso: 0.37 kg
  • Diámetro: 15 cm
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.8Valoración media
41Opinións
4.8Valoración media
41Opinións

Produtos relacionados

Recomendado para ti

GREJSIMOJS Almacenaxe con tampa, forma de gato negro/branco

Converte o teu fogar no paraíso do xogo

Que pasa cando un grupo de deseñadores se xuntan para mergullarse no mundo do xogo e das bromas? O primeiro, que se divirten coma cativos. O segundo, que crean unha colección de fundas de cadeira con pelo fantásticas, ratos con altofalantes, pufs con dentes e moito máis, todo pensado para fomentar o xogo na casa cada día.

"Cada vez máis pais se decatan da importancia do xogo para a felicidade e benestar dos seus fillos e queren xogar máis con eles. A colección GREJSIMOJS pretende dar resposta a este feito", afirma a líder en desenvolvemento Karin Blindh Pedersen.

Misión: facer sorrir ás persoas

Malia basearse firmemente na ciencia do xogo, o proceso de deseño foi tan divertido como os propios produtos. O que se pediu foi que cada deseñador comezase unha actividade cotiá perdendo a noción do tempo e divertíndose sen máis, ademais de crear obxectos que fagan sorrir ás persoas. "Para min, as bromas son un xeito de ver a vida que potencia a creatividade e me fai crer que todo é posible. Nunca deixarei que a miña nena interior madure", afirma Marta Krupinska, unha das deseñadoras detrás desta colección.

3, 116 ou algo polo medio? Estupendo!

Os produtos da colección GREJSIMOJS tocan todas as posibilidades, xa que van de coloridos a atrevidos e de elegantes a neutros. Ao combinaren diversión e funcionalidade, facilitan o xogo. Dá igual se vos perdedes nel ou se preferides ocultar a diversión diante dos ollos. E non só inspiran o xogo en todo o fogar, senón que inspiran a todas as persoas a liberar a súa parte graciosa. Cantos anos tes, 3, 116 ou algo polo medio? GREJSIMOJS é para ti.

Máis información

A idea tras o produto

A idea tras o produto

"O xogo é alegría interior, atopar razóns para sorrir e transmitir toda esa boa enerxía. Recibir unha encomenda coma esta esperta a miña nena interior e iso é xusto o que pasou coa almacenaxe con tapa GREJSIMOJS. A creatividade saía soa e comezou como lámpada, converteuse en reloxo e, por último, un recipiente secreto disfrazado de gato. Aquí, os pequechos poden agochar case todos os seus pequenos tesouros sen que ninguén sospeite que se pode abrir. A mensaxe de toda a colección é que xogues mais e non te tomes nada moi en serio".

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.

Máis de Colección GREJSIMOJS

Accesorios para GREJSIMOJS