Malia basearse firmemente na ciencia do xogo, o proceso de deseño foi tan divertido como os propios produtos. O que se pediu foi que cada deseñador comezase unha actividade cotiá perdendo a noción do tempo e divertíndose sen máis, ademais de crear obxectos que fagan sorrir ás persoas. "Para min, as bromas son un xeito de ver a vida que potencia a creatividade e me fai crer que todo é posible. Nunca deixarei que a miña nena interior madure", afirma Marta Krupinska, unha das deseñadoras detrás desta colección.
Como conseguilo
Unha paisaxe verde con prados vizosos, regatos mansos, bosques e carreiros sinuosos. Un lugar máxico onde a imaxinación e os xogos terán total liberdade. Os pelos da alfombra teñen distintas alturas e crean un sobrio efecto 3D.
Detalles do produto
Explora o bosque, nada nun lago ou vai de sendeirismo polo campo. Con esta alfombra e un chisco de imaxinación, todo é posible!
O pelo da alfombra ten alturas diferentes, polo que o padrón é aínda máis interesante e realista.
A alfombra é suave e agradable, perfecta para que os peciños dos cativos xoguen e descansen.
Unha solución perfecta para a sala de estar e o cuarto dos cativos.
O teu cativo pode crear figuras divertidas coas que xogar na alfombra utilizando os bloques de construción de xoguete GREJSMOJS.
A base de goma evita que a alfombra se mova cando os teus fillos corren ou xogan por riba.
O pelo da alfombra amortece os ruídos e ten un tacto moi suave e agradable.
Coa colección GREJSIMOJS queremos fomentar as ganas de divertirse e pasar tempo xuntos. Os produtos sacan a relucir a xovialidade en todas as persoas, de todas as idades, no fogar e en situacións cotiás.
Maja Ganszyniec
Información útil
Ideal para combinar con bloques de construción de xoguete GREJSIMOJS.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Material
- Pelo/ Tecido de base:
- 100 % poliéster (90 % reciclado como mín.)
- Lámina protectora:
- 100 % caucho sintético
Mantemento
Lavar á man a 40 °C como máximo.
Non empregar lixivia.
Non secar na secadora.
Non pasar o ferro.
Non limpar en seco.
Aspira e rota a alfombra con regularidade.
Seguridade e conformidade
Montaxe e documentos
Consellos e instrucións de coidado
GREJSIMOJS Alfombra, pelo longo006.020.01Medicións
- lonxitude: 215 cm
- Ancho: 153 cm
- superficie: 2.66 m²
Embalaxe
GREJSIMOJS
Número de artigo006.020.01- Longo: 153 cm
- Peso: 5.21 kg
- Diámetro: 19 cm
- Paquete(s): 1
Opinións dos clientes
Accesorios para GREJSIMOJS
Produtos relacionados
Recomendado para ti

Converte o teu fogar no paraíso do xogo
Que pasa cando un grupo de deseñadores se xuntan para mergullarse no mundo do xogo e das bromas? O primeiro, que se divirten coma cativos. O segundo, que crean unha colección de fundas de cadeira con pelo fantásticas, ratos con altofalantes, pufs con dentes e moito máis, todo pensado para fomentar o xogo na casa cada día.
"Cada vez máis pais se decatan da importancia do xogo para a felicidade e benestar dos seus fillos e queren xogar máis con eles. A colección GREJSIMOJS pretende dar resposta a este feito", afirma a líder en desenvolvemento Karin Blindh Pedersen.
Misión: facer sorrir ás persoas
3, 116 ou algo polo medio? Estupendo!
Os produtos da colección GREJSIMOJS tocan todas as posibilidades, xa que van de coloridos a atrevidos e de elegantes a neutros. Ao combinaren diversión e funcionalidade, facilitan o xogo. Dá igual se vos perdedes nel ou se preferides ocultar a diversión diante dos ollos. E non só inspiran o xogo en todo o fogar, senón que inspiran a todas as persoas a liberar a súa parte graciosa. Cantos anos tes, 3, 116 ou algo polo medio? GREJSIMOJS é para ti.
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"As e os nenos pequenos ven e exploran o mundo desde o chan. Cando creei a alfombra GREJSIMOJS, quería que ela tamén fose parte dese mundo. Unha paisaxe emocionante e fermosa na que descubrir bosques, campos e regatos e onde os pelos de distintas alturas transmiten unha sensación máis realista que prende a faísca da imaxinación. Ao mesmo tempo, quería que fose posible utilizar a alfombra en distintas zonas da casa, así que escollín cores que casasen coas tonalidades e materiais que adoitamos encontrar nas salas de estar".






