Saltar
Novidade

GREJSIMOJS Adorno eléc LED chan, xirafa/amarelo a pilas

29,99€
As pilas véndense á parte. Necesita 2 pilas AA.

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Unha xirafa sentada co pescozo dobrado e unha actitude amigable. Esta lámpada decorativa adorna o cuarto dos nenos durante o día e ilumina a hora do conto cando cae a noite.

Número de artigo006.020.39

Detalles do produto

A lámpada acéndese se tocas a cara da xirafa. Doado, ou?

A cabeza da xirafa pode virarse un chisco cara á esquerda ou cara á dereita.

Coa colección GREJSIMOJS queremos fomentar as ganas de divertirse e pasar tempo xuntos. Os produtos sacan a relucir a xovialidade en todas as persoas, de todas as idades, no fogar e en situacións cotiás.

Deseñador

Marta Krupińska

Número de artigo006.020.39

Información útil

As pilas véndense á parte. Necesita 2 pilas AA.

IKEA recomenda as baterías recargables LADDA.

Iluminación de LED integrada.

A luz suave non crea escintileos na escuridade e así prolóngase a duración das pilas.

A fonte de luz ten unha vida útil de 25 000 horas aprox. Isto corresponde a uns 20 anos coa lámpada acendida 3 h ao día.

O temporizador integrado apaga a lámpada ao cabo de 15 minutos.

A lámpada debe poñerse no chan, non sobre bancos, andeis ou outros lugares elevados.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Lente óptica/ Base/ Soporte de montaxe/ Cobertura:
Plástico ABS
Corpo/ Cabeza:
Plástico de polietileno
Pata/ Anel:
Polipropileno (mín. 50% reciclado)

Mantemento

Secar cun pano seco.

Seguridade e conformidade

Recomendado para nenos a partir de 3 anos de idade.Este produto leva marcado CE.

Montaxe e documentos

Instrucións de montaxe

GREJSIMOJS Adorno eléc LED chan, xirafa/amarelo a pilas
GREJSIMOJS Adorno eléc LED chan006.020.39GREJSIMOJS Adorno eléc LED chan006.020.39

Medicións

  • Altura: 75 cm
  • efecto: 0.1 W
  • Ancho: 38 cm

Embalaxe

GREJSIMOJS

Número de artigo006.020.39
  • Ancho: 40 cm
  • Alto: 14 cm
  • Longo: 59 cm
  • Peso: 2.08 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.3Valoración media
29Opinións
4.3Valoración media
29Opinións

Produtos relacionados

Recomendado para ti

Neno no frigorífico, lámpada de xirafa próxima.

Converte o teu fogar no paraíso do xogo

Que pasa cando un grupo de deseñadores se xuntan para mergullarse no mundo do xogo e das bromas? O primeiro, que se divirten coma cativos. O segundo, que crean unha colección de fundas de cadeira con pelo fantásticas, ratos con altofalantes, pufs con dentes e moito máis, todo pensado para fomentar o xogo na casa cada día.

"Cada vez máis pais se decatan da importancia do xogo para a felicidade e benestar dos seus fillos e queren xogar máis con eles. A colección GREJSIMOJS pretende dar resposta a este feito", afirma a líder en desenvolvemento Karin Blindh Pedersen.

Misión: facer sorrir ás persoas

Malia basearse firmemente na ciencia do xogo, o proceso de deseño foi tan divertido como os propios produtos. O que se pediu foi que cada deseñador comezase unha actividade cotiá perdendo a noción do tempo e divertíndose sen máis, ademais de crear obxectos que fagan sorrir ás persoas. "Para min, as bromas son un xeito de ver a vida que potencia a creatividade e me fai crer que todo é posible. Nunca deixarei que a miña nena interior madure", afirma Marta Krupinska, unha das deseñadoras detrás desta colección.

3, 116 ou algo polo medio? Estupendo!

Os produtos da colección GREJSIMOJS tocan todas as posibilidades, xa que van de coloridos a atrevidos e de elegantes a neutros. Ao combinaren diversión e funcionalidade, facilitan o xogo. Dá igual se vos perdedes nel ou se preferides ocultar a diversión diante dos ollos. E non só inspiran o xogo en todo o fogar, senón que inspiran a todas as persoas a liberar a súa parte graciosa. Cantos anos tes, 3, 116 ou algo polo medio? GREJSIMOJS é para ti.

Máis información

A idea tras o produto

A idea tras o produto

"A iluminación decorativa GREJSIMOJS con forma de xirafa xurdiu a partir da idea dunha lámpada con cabeza móbil. Para cumprir os estritos requisitos de seguridade dos produtos infantís, tiven que redeseñala un par de veces, mais cada reto que se presentaba abría as portas a solucións mellores. Pouco a pouco a personalidade da lámpada foi emerxendo e o resultado foi máis divertido e quedou mellor pensado. Para min, é máis ca un simple artigo de iluminación; é un amigo que che fai compañía e que te coida así que quedas durmido".

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.

Máis de Colección GREJSIMOJS

Accesorios para GREJSIMOJS