FÖRSEGLA poden usarse como pousavasos para protexer as mesas e amortecer o son, ou como tapas en vasos e cuncas para evitar que caian cousas nas bebidas. O estilo atemporal do bambú acentúase co bordo redondeado.
Detalles do produto
Pódense usar como pousavasos ou como tapas de vasos e cuncas para protexer as bebidas.
Pódese usar para bebidas frías e quentes.
É de bambú, un material resistente de seu, que case non precisa mantemento.
IKEA of Sweden
Medicións
- diámetro: 9 cm
- Unidades: 2 pack
Opinións
Opinións dos clientes
Material
Que é o bambú?
Resistente, flexible e unha das plantas de crecemento máis rápido que hai no mundo. O bambú ten moitas utilidades, tantas que o converten nun material renovable de primeira orde porque, de feito, é unha herba que non precisa fertilizantes nin ser regada para medrar. Para que unha planta de bambú sexa aproveitable teñen que pasar entre 4 e 6 anos. En IKEA utilizámolo para facer mobles, decorados para o baño ou mesmo lámpadas... en realidade sempre estamos a argallar para darlle unha aplicación nova.