Mellora a calidade do aire interior para respirar un aire máis limpo. Inclúe un filtro de partículas e pode complementarse cun filtro de gases para purificar o aire de cheiros, pole e contaminantes, como po, fume ou químicos.
Detalles do produto
Un purificador de aire con soporte que che permite colocalo no chan ou penduralo da parede. En función dos teus gustos, podes pendurar o purificador de aire FÖRNUFTIG en vertical ou en horizontal.
A asa permíteche mover facilmente o purificador de aire entre estancias para levalo alá onde máis o necesites. Podes quitarlle a asa se decides instalalo na parede.
David Wahl
Información técnica
FÖRNUFTIG
Purificador de aire, branco, 31x45 cm
Número de artigo504.619.37Tamaño recomendado da estancia | 8 m2 (86 sq ft) |
CADR (Taxa de entrega de aire limpo) con filtro de gas e partículas | 25 - 120 m3/h |
Potencia máxima | 14 W |
Nivel de ruído só co filtro de partículas | 28 - 60 dB |
Configuración de velocidade/modo automático | 1-3 |
Tipos de filtros dispoñibles | Filtro de partículas e filtro de gas |
Tipo de filtro de partículas (incluído no paquete) | EPA 12 (EN 1822-1, ISO 29463-3) |
Efectividade do filtro de partículas | 99,5% |
Medicións
- fondo: 11 cm
- Altura: 45 cm
- Ancho: 31 cm
Opinións dos clientes

Mobles para un aire máis limpo
A contaminación nunha gran cidade é visible a ollo nu. Porén, sabías que no aire das nosas casas tamén hai partículas nocivas para a saúde como o po, o pole e os gases da cociña e doutros produtos químicos? Ventilar e limpar pode axudar ata certo punto, pero un purificador de aire filtra eficazmente as partículas e os gases químicos mentres ti fas outras cousas.
David Wahl é deseñador de produtos en IKEA. Hai anos tivo que mudarse e foi entón cando se decatou do importante que é a calidade do aire para a nosa saúde. "En todas as casas hai partículas e gases nocivos e hoxe pasamos máis tempo dentro, polo que a posibilidade de contraer alerxias é maior.
Un purificador de aire que se adapta ó medio
A David custáballe encontrar purificadores de aire económicos e vistosos, así que comezou a construír e poñer a proba os seus propios. "Estaban bastante ben, pero o certo é que non eran os máis eficaces". Porén, aquela etapa resultou moi útil cando se uniu ó noso grupo para crear o purificador de aire FÖRNUFTIG. O traballo constituíu maiormente en optimizar pequenos detalles técnicos para melloralo en conxunto, sen por iso sacrificar a calidade e a eficacia enerxética. "Pero cando en IKEA creamos algo, facémolo desde unha perspectiva interiorista e quixemos que o FÖRNUFTIG se fundise co resto casa. É por iso que se pode pendurar dunha parede, colocar no chan ou utilizar a asa para levalo contigo onde queiras".
Un aire máis limpo para todo o mundo
Os purificadores FÖRNUFTIG son bastante distintos dos primeiros modelos que David fixo na súa casa. Nun equipo con distintas aptitudes, as condicións para crear un purificador son, loxicamente, mellores. "A contaminación do aire é un problema grave e queremos ofrecer solucións que axuden a ter un aire máis limpo nos espazos interiores".