Saltar
Novidade

FLORSJÖN Gancho, beixe

4,99€/2 pack
Pódese instalar na parede utilizando para iso parafusos ou un kit adhesivo KROKSJÖN, véndense por separado.

Como conseguilo

Servizos dispoñibles
Características do produto
  • Resistente á auga

Elegantes ganchos para pendurar toallas, colares e outros artigos xunto ao lavabo ou a ducha. A serie FLORSJÖN combina moi ben cos mobles de baño HAVBÄCK e ÄNGSJÖN. Pódelo montar mediante parafusos ou adhesivos.

Número de artigo306.048.62

Detalles do produto

Compatible co kit adhesivo KROKSJÖN.

Sen parafusos á vista, porque as fixacións quedan ocultas.

Ideal para duchas.

Deseñador

Maja Ganszyniec

Número de artigo306.048.62

Información útil

Pódese instalar na parede utilizando para iso parafusos ou un kit adhesivo KROKSJÖN, véndense por separado.

A instalación co kit de montaxe de parede adhesivo KROKSJÖN require 2 soportes de parede e 2 xiringas de cola.

Diferentes tipos de parede requiren diferentes ferraxes. Emprega as ferraxes máis axeitadas para as túas paredes (non se inclúen).

Non inclúe parafusos para a montaxe na parede.

Se non estás seguro sobre as ferraxes que debes usar, pregunta na túa ferraxería.

Capacidade máxima cando se monta con cola: 4 kg.

Casa con outros produtos da serie FLORSJÖN.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Panel de cobertura:
NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS
Gancho:
NOTRANS, NOTRANS
Adaptador:
NOTRANS, NOTRANS

Mantemento

Limpar con regularidade cun pano humedecido nunha suave solución xabonosa.

Secar cun pano seco.

Montaxe e documentos

Medicións

  • fondo: 2.5 cm
  • Altura: 5.6 cm
  • Unidades: 2 pack
  • Ancho: 4.4 cm
  • Carga máxima montado con cola: 4 kg

Embalaxe

FLORSJÖN

Número de artigo306.048.62
  • Ancho: 5 cm
  • Alto: 3 cm
  • Longo: 13 cm
  • Peso: 0.12 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

5Valoración media
1Opinións

Evita perforacións, confía nos adhesivos

Non queres perforar as paredes do baño? Moitas persoas pensan igual. Aínda así, é preciso utilizar ganchos ou outras solucións de almacenaxe para manter todo ordenado. Por iso creamos o kit adhesivo para instalación en parede KROKSJÖN. Así poderás pendurar todos os teus accesorios sen danar os azulexos nin as paredes.

"O kit KROKSJÖN serve como soporte para varias das nosas series de accesorios", di Sofia Helbro, unha das nosas enxeñeiras de desenvolvemento de produto. "Porén, é esencial que quede ben adherida á parede. Por iso, decidimos colaborar con tesa, un dos maiores expertos en todo o que teña que ver con solucións a base de pegamento e cinta".

Pegamento resistente e seguro de usar

Isto marcou o comezo dunha colaboración intensa e en circunstancias bastante peculiares. "Os nosos requisitos implican que non podemos utilizar produtos químicos que esixan colocar etiquetas de advertencia. Por iso, tivemos que desenvolver un pegamento que cumprise estes requisitos". Ao cabo dun longo e desafiante proceso de desenvolvemento, acadamos o noso obxectivo: un pegamento seguro, mais o bastante resistente para suxeitar varios quilogramos.

Sen deixar rastro

Durante moito tempo, as ventosas ou cintas eran as únicas opcións dispoñibles par suxeitar ganchos no cuarto de baño, a non ser que quixeses facer buratos. O malo é que non aguantan moito peso. "A parte positiva do adhesivo KROKSJÖN é que aguanta bastante máis peso que unha ventosa e adhírese igual de ben no formigón que no vidro ou no azulexo". Instalar o kit non require de ferramentas e non supón un risco de danar a membrana impermeable. "E cando queiras cambiar estes elementos de sitio ou queiras renovar o baño, podes quitalo todo e xa está. Sen que queden residuos de pegamento nin buratos na parede".

Máis información

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.