En IKEA gústanos desenvolver produtos que poden usarse xuntos de forma intelixente. Por iso, as caixas de almacenaxe TROFAST encaixan baixo as tapas da mesa, para que o teu fillo poida ter os xoguetes á man e ordenalo todo nun amén.
Detalles do produto
Este escritorio para nenos é perfecto para pintar e debuxar e pode combinarse con caixas TROFAST de diferentes tamaños e cores.
Grazas ás caixas TROFAST que hai baixo as tapas, os teus fillos terán os xoguetes á man e poderán recollelos nun intre.
S Fager/J Karlsson
Información útil
Pode completarse coa caixa de almacenaxe TROFAST.
O produto pódese reciclar ou usar para a recuperación enerxética (se estiver dispoñible na túa zona).
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Material
- Taboleiro/ Pata:
- NOTRANS, NOTRANS
- Tapa:
- NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS
Mantemento
Limpar cun pano humedecido cun deterxente suave.
Secar cun pano seco.
Montaxe e documentos
Medicións
- lonxitude: 83 cm
- Ancho: 58 cm
- Altura: 48 cm
Embalaxe
FLISAT
Número de artigo502.984.18- Ancho: 59 cm
- Alto: 6 cm
- Longo: 85 cm
- Peso: 8.00 kg
- Paquete(s): 1
Opinións dos clientes
Accesorios para FLISAT
As túas olladas
Material
Que é a madeira maciza?
A madeira maciza é un dos nosos materiais favoritos e é parte da nosa tradición escandinava. Tamén é un material atemporal con moitas aplicacións. Independentemente do tipo de madeira, é un material resistente, fermoso e renovable. O noso obxectivo é utilizar esta materia prima da maneira máis intelixente e eficaz posible para evitar desaproveitala. Igualmente, investimos en infraestruturas e loxística para aumentar o uso da madeira reciclada.
Funcionalidade
Unha mesa normal e corrente? Non penses iso.
A parte superior da mesa infantil FLISAT está formada por dúas tapas que se adaptan ás caixas de almacenaxe TROFAST. O teu fillo pode ter os xoguetes a man en todo momento, e limpar nun airiño!




