- Lavable á máquina
Este oso de peluche ten un gran corazón e dáselle moi ben abrazar, consolar e escoitar, pero tamén está listo para xogar e facer travesuras. Que che apetece facer hoxe?
Detalles do produto
Un osito de peluche cun corazón, ollos alegres e un sorriso amable. Converterase no favorito do teu pequeno?
Contrastes diferenciados e materiais suaves que estimulan os sentidos do bebé.
A todos os peluches gústalles abrazar, consolar, xogar e escoitar. Ademais, son de total confianza, pois pasaron probas de seguridade.
Queremos que os nosos peluches repartan amor durante moitos anos, e por iso facémolos con materiais agradables e ollos bordados, sometémolos a rigorosos test de lavado e asegurámonos de que non conteñen produtos químicos nocivos.
Silke Leffler
Medicións
- lonxitude: 21 cm
Opinións dos clientes
Explora as túas opcións
Proba os mobles e a decoración nun espazo virtual antes de mercar para atopar os que mellor se adapten ao teu fogar.


Un vello amigo cun gran corazón
Se FABLER BJÖRN for unha persoa, agora xa tería os seus anos. Porén, en realidade é un oso de peluche que, ano após ano, segue a acompañar, a xogar e a ser un amigo de verdade para as novas xeracións de crianzas.
A deseñadora Silke Leffer, que de pequena tamén tivo un oso de peluche moi querido, emociounouse cando lle pediron que deseñase un novo xoguete suaviño e abrazable, hai agora moitos anos. Ou mellor dito, un pequeno osiño que fixese compañía e axudase a despertar a imaxinación. Por un prezo que resultase accesible para todas as crianzas do mundo. "Comecei a deseñalo no caderno e cando me quixen dar conta alí estaba!"
Un corazón cheo de amor
Silke e o equipo de Children's IKEA quixeron darlle algo especial, que tivese algo a maiores. Converteuse nun gran corazón no medio do seu pixama de raias. "O amor é máis importante para case todo o mundo e o corazón é o símbolo universal do amor". Do mesmo modo que o resto dos nosos xoguetes, FABLER BJÖRN tivo que superar estritas probas de seguridade. É o suficientemente pequeno como para acompañar a calquera nena ou neno que o necesite e, se se ensucia, pódese lavar á máquina, por suposto. Para moitas crianzas (e os seus pais) será un alivio saber que, se por casualidade perden o seu amiguiño, sempre poderán encontrar un FABLER BJÖRN novo na tenda IKEA máis próxima.
O oso de peluche que segue a levantar paixóns
Aínda hoxe, despois de tantos anos, Silke segue a recibir cartas de nenos e adultos onde lle contan o que FABLER BJÖRN significa ou significou para eles. "Non deixa de sorprenderme a cantidade de cartas e debuxos que recibo. Ninguén diría que este pequeno compañeiro seguiría a ser tan querido por tantas persoas. Para min é unha alegría."
Calidade
Son bonitos e seguros? Sen ningunha dúbida
Tranquilizarache saber que todos os nosos produtos para nenos cumpren os estándares de calidade e seguridade máis estritos. Sometemos os nosos xoguetes a duras probas de resistencia e aplicámoslles forzas superiores ás que pode exercer calquera neno de 2 anos. Para que non teñas de que preocuparche e os teus fillos xoguen sen parar.
Funcionalidade
Peluches para abrazar unha e outra vez
Os nosos peluches garanten mil anos de amor. Por iso escollemos materiais cómodos e ollos bordados e, ademais, sometémolos a rigorosas probas de lavado e probas que certifican a ausencia de produtos químicos perniciosos. Aptos para lavadora.