10 ano de garantía
A serie ENHET permite comezar de cero facilmente cunha nova solución para baños. Esta combinación é perfecta para peitearte ou para deixar tarros e botellas á vista. Crea o teu propio estilo escollendo unha cor de estrutura.
Detalles do produto
As estruturas abertas de parede permiten ver e acceder ben a tarros, botellas e cousas que se usan a miúdo.
O espello colgante ENHET para marco acóplase facilmente á estrutura da parede para que poidas gozar das vistas nuns intres. Móvese aos dous lados para que teñas acceso aos produtos básicos que usas todos os días e que gardas no interior.
Perfecto para os baños máis pequenos, xa que a combinación de estante de parede e espello só ten 40 cm de ancho e aproveita ben o espazo.
O aceiro pulverizado e galvanizado resiste moitos anos de uso en contornas expostas a auga, salpicaduras e humidade.
O exclusivo sistema de tacos a presión facilita a montaxe e permite que os accesorios de fixación queden practicamente invisibles.
10 anos de garantía. Consulta as condicións xerais no folleto de garantía.
IKEA of Sweden/E Lilja Löwenhielm/IKEA of Sweden/F Cayouette
Medicións
- Ancho: 40 cm
- fondo: 17 cm
- Altura: 75 cm
Opinións dos clientes

Máis cariño e afecto polo baño
Como son as mañás na túa casa? O baño pode converterse facilmente nun atasco cando todo o mundo anda ás carreiras para lavar os dentes ou para prepararse para o traballo ou a escola. E máis aínda, se o baño non resulta práctico nin se adapta ás túas necesidades. Coa serie de baños ENHET, queremos crear baños máis flexibles e personalizados. Deste xeito, as rutinas da mañá serán mellores de levar.
Vivir en casas de pequeno tamaño é unha realidade para a maioría das persoas do mundo, tamén para Ina Klepper, que foi parte do equipo que creou ENHET. O seu baño serviu de inspiración. "Teño un baño pequeno e vese menos ateigado e máis amplo se lle poño almacenaxe aberta que me permite ver as miñas cousas".
Optimiza o espazo e adáptao ás túas necesidades
Ina e o seu grupo buscaban facilitar a montaxe e mesturar armarios pechados con andeis abertos en estruturas metálicas para maior flexibilidade. "A idea era optimizar o espazo e poder personalizar o baño en función das necesidades", explica Ina. Independentemente do baño, sempre hai algo que se bota en falta: máis ganchos para toallas, cepillos e outras cousas. Pero non todo o mundo está disposto a perforar a parede, así que ao equipo se lle ocorreu unha solución. "As estruturas teñen un lateral onde podes pendurar todos os ganchos que queiras".
Mostra o que máis che gusta, garda o resto
As funcións prácticas e a flexibilidade son esenciais para as mañás decorreren ben no baño. Porén, Ina pensa que lle deberiamos dar algo máis de amor e afecto a este espazo e aí é onde entra a mestura de almacenaxe aberta e pechada. "Nos espazos pechados podes gardar o que non queiras que ninguén vexa ou as cousas que non queiras deixar ao alcance dos nenos. Nas estruturas abertas podes exhibir aquelas cousas que mellor reflictan a túa personalidade".
Material
Que é o aceiro?
O aceiro ten unhas peculiaridades únicas, xa que conserva a súa dureza aínda cando se traballa e dá forma. Mellora a resistencia de calquera cousa, desde rañaceos ata coches, pasando por estruturas de cama e mobles de xardín. Este sector está buscando a maneira de producir aceiro máis forte e dunha maneira máis eficiente. Hoxe, o aceiro é un dos materiais máis reciclados do mundo, sen que o proceso de reciclaxe implique que perda as súas propiedades.