Porén, a almacenaxe aberta das estruturas metálicas requiría algo novo. Aí é onde entra en xogo "Grisen" ("porco" en sueco), unha cuña metálica a presión que permite montar as estruturas facilmente con só un clic. "Semella o fociño dun porquiño, de aí o nome", di o desenvolvedor de produtos Daniel Loader, que participou do proxecto.
ENHET Arm al 4 and, branco, 30x30x180 cm
Como conseguilo
10 ano de garantía
ENHET permite comezar de cero facilmente cunha nova solución para baños. Este armario alto fornece unha almacenaxe ampla sen utilizar o valioso espazo no chan. Crea o teu propio estilo coa túa porta ENHET favorita.
Detalles do produto
Este armario alto con 4 estantes fornece unha ampla almacenaxe para toallas e deterxente sen ocupar demasiado espazo no chan. Perfecto para aproveitar ao máximo o espazo da parede nos sitios máis pequenos.
O exclusivo sistema de tacos a presión facilita a montaxe e permite que os accesorios de fixación queden practicamente invisibles.
Ti decides o estilo escollendo a porta que che guste da serie ENHET.
10 anos de garantía. Consulta as condicións xerais no folleto de garantía.
IKEA of Sweden
Información útil
Fixar á parede para unha instalación segura. A fixación mural que se utilice dependerá do tipo de parede. Emprega fixacións adaptadas ás paredes da túa casa. Véndense á parte
Completar cunha porta ENHET (30x180 cm), que se vende á parte.
Pódese completar con dúas patas de armario ENHET, que se venden á parte.
O armario inclúe un andel fixo e tres regulables.
O armario inclúe 4 bisagras.
Inclúe parafusos para conectar varios armarios altos.
A porta e o pomo ou a asa véndense á parte.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Material
- Panel lateral/ Taboleiro inferior/ Taboleiro superior/ Andel:
- NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS
- Folla de traseira:
- NOTRANS, NOTRANS
Montaxe e documentos
Instrucións de montaxe
Medicións
- Ancho: 30 cm
- fondo: 30 cm
- Altura: 180 cm
- Peso máximo/andel: 6 kg
Embalaxe
ENHET
Número de artigo104.404.52- Ancho: 31 cm
- Alto: 7 cm
- Longo: 198 cm
- Peso: 22.50 kg
- Paquete(s): 1
Opinións dos clientes
O coñecemento compartido deriva en innovación
ENHET é a primeira serie de almacenaxe creada conxuntamente polos nosos especialistas en cociñas e baños. Porén, se o pensas, esta colaboración ten moito sentido. Porque tanto cociñas como baños precisan espazos de traballo, solucións de almacenaxe e organización, son lugares aos que lles damos moito uso e teñen unha gran concentración de humidade. Sabemos que tamén son zonas que adoitan dar problemas á hora de planificalas e montalas. E aí é onde entramos nós.
A idea era que todas as pezas de ENHET fosen fáciles de montar, de maneira intuitiva e sen necesidade de utilizar ferramentas especiais. No caso dos armarios e dos caixóns, decidimos utilizar a cuña de madeira a presión, que comezou a substituír as ferraxes clásicas de IKEA hai uns anos.
Instalación sinxela con "Grisen"
Aceiro de confianza
As estruturas metálicas son de aceiro e o problema aquí era conseguir que non se oxidase por mor da humidade dos baños e das cociñas. "Descubrimos un método na industria automobilística chamado revestimento AD", di Daniel e conta como cada unha das partes da estrutura eran mergulladas nese revestimento. "Cando vimos as fotos tivemos claro que deramos coa solución. As pezas revestidas con outros produtos estaban oxidadas, mentres que as revestidas con AD non". Ao botar a ollada atrás, Daniel valora todos os coñecementos aprendidos. "Xuntar moitas persoas con distintas experiencias pode dar como resultado unha forte xénese creativa".
Material
Que é un taboleiro de partículas?
O taboleiro de partículas está feito de madeira reciclada e serraduras, polo que as pezas de madeira con tonalidades inadecuadas, achas e serraduras son convertidas en recursos no canto de en refugallos. Utilizamos estes taboleiros para facer estantes, estruturas de cama, sofás e estruturas de cociña. Para protexelo da humidade e do desgaste, botámoslle verniz, chapa ou laminado que ademais realzan o aspecto do moble.
