Converte a túa solución de almacenaxe ELVARLI no sitio onde gardar libros, roupa ou onde amosar fermosos artigos decorativos. Os estantes, os colgadoiros e a barra axustable axudaranche a aproveitar todo o espazo, do chan ao teito.
Detalles do produto
O sistema de almacenaxe ELVARLI é unha solución versátil para toda a casa. Decide como combinar os produtos para crear unha solución de almacenaxe aberta ou un armario adaptado a ti.
Podes adaptar e completar esta solución de almacenaxe aberta segundo os teus gustos e necesidades.
Pódese combinar almacenaxe aberta, como estantes, e pechada, como caixóns.
As baldas e barras regulables permítenche personalizar o espazo segundo as túas necesidades.
Esta solución de almacenaxe aberta pódese colocar nunha parede ou como separador de ambientes porque os postes fíxanse ao teito.
Grazas ao amortecedor, o caixón pecha a modo, de xeito suave e en silencio.
O bambú é un material duradeiro con aspecto cálido, que crea un bonito contraste coa estrutura de aluminio branco.
Altura regulable entre 222-350 cm que permite aproveitar ao máximo a altura dos teitos.
Un sistema de armarios modulares lixeiros, resistentes e flexibles.
Ehlén Johansson
Medicións
- Ancho: 135.0 cm
- fondo: 50.8 cm
- altura mínima: 221.5 cm
- altura máxima: 350.0 cm
Accesorios para ELVARLI
Deseña a túa propia almacenaxe ELVARLI
Queres personalizar o aspecto e as funcións de ELVARLI de xeito que se adapte ao teu espazo, ás túas necesidades e ao teu gusto?

Material
Que é o bambú?
Resistente, flexible e unha das plantas de crecemento máis rápido que hai no mundo. O bambú ten moitas utilidades, tantas que o converten nun material renovable de primeira orde porque, de feito, é unha herba que non precisa fertilizantes nin ser regada para medrar. Para que unha planta de bambú sexa aproveitable teñen que pasar entre 4 e 6 anos. En IKEA utilizámolo para facer mobles, decorados para o baño ou mesmo lámpadas... en realidade sempre estamos a argallar para darlle unha aplicación nova.