- Hermético
- Apilable
- Apto para lavalouza (sen tampa)
Almacenaxe elegante para alimentos secos. O vidro transparente permíteche ver o contido e a tapa de bambú hermética transmite unha sensación acolledora e vibrante por toda a cociña. Permitirache conservar os alimentos frescos máis tempo.
Detalles do produto
Volume xeneroso (1,8 L) cunha forma alta e mais estilizada, ideal para pasta alongada ou amorear galletas salgadas.
Deseño elegante coa tapa de bambú, que engade unha sensación vibrante de calidez, e vidro transparente que che permite ver o contido para que non esquezas que tes eses alimentos.
A xunta de silicona proporciona hermeticidade á tapa, polo que esta mantén o aire e a humidade fóra. Ideal para o almacenamento a longo prazo para manter a comida fresca e conservar os sabores e mais os aromas.
A tapa de bambú resiste o frío e a humidade sen inmutarse, polo que o bote tamén se pode almacenar no frigorífico.
Medicións
- Altura: 28 cm
- diámetro: 10 cm
- volume: 1.8 l
Opinións dos clientes
Material
Que é o bambú?
Resistente, flexible e unha das plantas de crecemento máis rápido que hai no mundo. O bambú ten moitas utilidades, tantas que o converten nun material renovable de primeira orde porque, de feito, é unha herba que non precisa fertilizantes nin ser regada para medrar. Para que unha planta de bambú sexa aproveitable teñen que pasar entre 4 e 6 anos. En IKEA utilizámolo para facer mobles, decorados para o baño ou mesmo lámpadas... en realidade sempre estamos a argallar para darlle unha aplicación nova.