Saltar

DYTÅG Funda de coxín, gris escuro, 65x65 cm

19,99€
O coxín interior véndese á parte.
Coxín de liño beige escuro con cremalleira, textura suave.
Coxín de liño branco DYTÅG, rectangular con cremalleira, texturizado.
Coxín de liño gris DYTÅG, cadrado con peche con cremalleira, tecido natural texturizado.

Tamén precisarás

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

O tecido de liño lavado en gris escuro con textura suave crea un look informal e relaxado que mellora con cada lavado. Combina á perfección coa roupa de cama e as cortinas DYTÅG.

Número de artigo405.176.85

Detalles do produto

A funda do coxín é de liño, un material resistente e cunha textura un pouco irregular.

A calidade do liño lavado é suave ao contacto coa pel e dálle un aspecto relaxante e tranquilo.

Podes sacarlle a funda sen esforzo grazas á cremalleira, que queda oculta.

Deseñador

IKEA of Sweden

Número de artigo405.176.85

Información útil

Combina cos coxíns de 65x65 cm.

O coxín interior véndese á parte.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

NOTRANS

Mantemento

Lavar á máquina a 40 °C como máximo, tratamento moderado.

Non empregar lixivia.

Non secar na secadora.

Pasar o ferro a 200 ºC como máximo.

Non limpar en seco.

Medicións

  • lonxitude: 65 cm
  • Ancho: 65 cm

Embalaxe

DYTÅG

Número de artigo405.176.85
  • Ancho: 19 cm
  • Alto: 2 cm
  • Longo: 22 cm
  • Peso: 0.33 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.3Valoración media
183Opinións

Accesorios para DYTÅG

SostibilidadeAs persoas e o planeta

Enerxía e recursos

Cortinas cunha caída do máis fermosa

As cortinas de iño DYTÅG filtran a luz que vén de fóra e transmiten unha sensación de recollemento e comodidade. Para as cortinas caeren placidamente ao colgalas, o liño é sometido a un proceso de lavado con aire quente. Isto ten un efecto de abrandamento, equivalente a un lavado normal, pero deste xeito redúcese o consumo de auga e de produtos químicos.

Un acolledor sofá gris con múltiples coxíns e mantas. Téxtiles suaves, texturas variadas e decoración cálida crean un espazo de vida acolledor.

Fai sitio para algo máis suave

Queres darlle unha pasada ao teu sofá, cadeira de brazos ou cama? Pois logo unhas fundas de coxín novas son a mellor opción. Se ademais buscas un estilo elegante, relaxado e atemporal recomendámoste botarlle un ollo a DYTÅG; fundas de coxín feitas de liño lavado.

"O liño é un material estupendo! Canto máis se usa máis bonito é", di a deseñadora Sofia Thedvall. "Porén, é un material que, cando é novo, é un pouco ríxido. Por iso xa nos ocupamos nós de darlle o primeiro lavado ás fundas de coxín DYTÅG, así os nosos clientes poderán gozar desa sensación suave e cómoda dende o primeiro momento".

Enrugas fáciles de coidar

É posible que as fundas DYTÅG sexan as máis fáciles de coidar de todas as que podes atopar. Cando necesiten un lavado, ti só terás que metelas na lavadora e despois deixalas secando, así de fácil. "Ese aspecto lixeiramente engurrado é distintivo e fermoso, non quere dicir que teñas que pasarlle o ferro ni nada diso. A funda de coxín goza dunha boa estabilidade grazas ás costuras bordadas, unha técnica chamada costura francesa". Con relación á cor, as fundas son de tons naturais e terrosos. "Estas cores casan moi ben co liño e combinan tamén cos cortinas de liño e a roupa da cama do resto da familia DYTÅG".

Un material duradeiro

O liño é un material prezado desde hai tempo, unha mostra disto é que o ser humano leva séculos utilizándoo e refinándoo. As fibras proveñen dunha planta homónima. O cultivo e refinado do liño require bastante menos auga e pasar por menos procesos ca outros materiais, e por este motivo o liño é considerado un dos tecidos máis sostibles. "E dado que o liño é duradeiro e atemporal, poderás gozar da túa funda para coxíns durante moito tempo".

Máis información

Material

Fai oco para algo máis suave

Queres renovar o teu sofá, poltrona ou cama? A forma máis rápida de facelo é mercar fundas novas. E se o que buscas é un estilo relaxado e atemporal, aconsellámoste que botes unha ollada a DYTÅG: fundas de liño lavado. Para conservar esas engurras que ten abonda con lavar a funda e secala ao aire. Así de sinxelo. O liño é un tecido resistente e atemporal, polo que terás fundas para moito tempo.

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.