DYTÅG Funda de coxín, beixe escuro, 65x65 cm
Tamén precisarás
Como conseguilo
O tecido de liño lavado en beixe escuro con textura suave crea un look informal e relaxado que mellora con cada lavado. Combina á perfección coa roupa de cama e as cortinas DYTÅG.
Detalles do produto
A funda do coxín é de liño, un material resistente e cunha textura un pouco irregular.
A calidade do liño lavado é suave ao contacto coa pel e dálle un aspecto relaxante e tranquilo.
Podes sacarlle a funda sen esforzo grazas á cremalleira, que queda oculta.
IKEA of Sweden
Medicións
- lonxitude: 65 cm
- Ancho: 65 cm
Opinións dos clientes
Accesorios para DYTÅG
SostibilidadeAs persoas e o planeta
Enerxía e recursos
Cortinas cunha caída do máis fermosa
As cortinas de iño DYTÅG filtran a luz que vén de fóra e transmiten unha sensación de recollemento e comodidade. Para as cortinas caeren placidamente ao colgalas, o liño é sometido a un proceso de lavado con aire quente. Isto ten un efecto de abrandamento, equivalente a un lavado normal, pero deste xeito redúcese o consumo de auga e de produtos químicos.

Fai sitio para algo máis suave
Queres darlle unha pasada ao teu sofá, cadeira de brazos ou cama? Pois logo unhas fundas de coxín novas son a mellor opción. Se ademais buscas un estilo elegante, relaxado e atemporal recomendámoste botarlle un ollo a DYTÅG; fundas de coxín feitas de liño lavado.
"O liño é un material estupendo! Canto máis se usa máis bonito é", di a deseñadora Sofia Thedvall. "Porén, é un material que, cando é novo, é un pouco ríxido. Por iso xa nos ocupamos nós de darlle o primeiro lavado ás fundas de coxín DYTÅG, así os nosos clientes poderán gozar desa sensación suave e cómoda dende o primeiro momento".
Enrugas fáciles de coidar
É posible que as fundas DYTÅG sexan as máis fáciles de coidar de todas as que podes atopar. Cando necesiten un lavado, ti só terás que metelas na lavadora e despois deixalas secando, así de fácil. "Ese aspecto lixeiramente engurrado é distintivo e fermoso, non quere dicir que teñas que pasarlle o ferro ni nada diso. A funda de coxín goza dunha boa estabilidade grazas ás costuras bordadas, unha técnica chamada costura francesa". Con relación á cor, as fundas son de tons naturais e terrosos. "Estas cores casan moi ben co liño e combinan tamén cos cortinas de liño e a roupa da cama do resto da familia DYTÅG".
Un material duradeiro
O liño é un material prezado desde hai tempo, unha mostra disto é que o ser humano leva séculos utilizándoo e refinándoo. As fibras proveñen dunha planta homónima. O cultivo e refinado do liño require bastante menos auga e pasar por menos procesos ca outros materiais, e por este motivo o liño é considerado un dos tecidos máis sostibles. "E dado que o liño é duradeiro e atemporal, poderás gozar da túa funda para coxíns durante moito tempo".
Material
Fai oco para algo máis suave
Queres renovar o teu sofá, poltrona ou cama? A forma máis rápida de facelo é mercar fundas novas. E se o que buscas é un estilo relaxado e atemporal, aconsellámoste que botes unha ollada a DYTÅG: fundas de liño lavado. Para conservar esas engurras que ten abonda con lavar a funda e secala ao aire. Así de sinxelo. O liño é un tecido resistente e atemporal, polo que terás fundas para moito tempo.