O complemento perfecto para a serie de cristalino DYRGRIP. Ideal para auga, cócteis ou un zumiño fresco.
Detalles do produto
Vasos de vidro deseñados para combinar coas copas de viño DYRGRIP. Van moi ben para servir auga, cócteles etc.
Este produto parece de vidro tradicional, pero en realidade é de cristalino, unha alternativa resistente caracterizada polo seu brillo e o son que produce ao brindar.
Que se poida meter na lavalouza faiche a vida máis fácil.
A cristalaría de cristalino DYRGRIP combina funcionalidade e estética traendo esa frescura e claridade nórdicas que poñerá a túa bebida no foco de atención. Explora toda a serie para crear un conxunto de mesa ben combinado.
Ingegerd Råman
Medicións
- Altura: 9 cm
- volume: 36 cl
Opinións dos clientes
As túas olladas

A quenda do cristalino
A serie DYRGRIP parece de vidro tradicional, pero en realidade é de cristalino, unha alternativa resistente caracterizada polo seu brillo e o son que produce ao brindar.
O cristalino é un tipo de vidro particularmente resiliente. É un material que se pode lavar na lavalouza e que mantén o seu brillo durante máis tempo.
Ergue o teu vaso polo deseño
DYRGRIP foi deseñada pola famosa deseñadora de vidro e cerámica sueca, Ingegerd Råman. As súas prezadas creacións son sempre unha modesta mestura de prestacións e elegancia. Ingegerd explica alegremente a consideración que tivo por cada milímetro do seu deseño para precisar as proporcións da base, o talo e o corpo. Traballou para crear unha harmonía perfecta, pero axiña lle saca ferro aos seus esforzos. "Non é necesario que saibades isto. Só debedes sentilo cando ergades o vaso", di, e continúa explicando que a calidade do cristalino saca a relucir o mellor do que estamos a beber. "A bebida ten de ser o centro de atención", explica. "A decoración principal é o que botades no vaso".
A idea tras o produto
A idea tras o produto
Para min é importante que haxa un equilibrio entre o práctico e o estético, e iso é algo que creo que conseguín co meu deseño das copas DYRGRIP. O material cristalino lembra o frío das terras nórdicas, e a transparencia permite que a cor da bebida adquira todo o protagonismo. Emocióname saber que xente de todo o mundo gozará das copas, e espero que o fagan tanto como eu.