DVÄRGMÅS Túnel de xogo, azul/verde
Como conseguilo
Agocharse dentro do túnel e descubrir que che agarda ao outro lado é toda unha aventura. Podes agatuñar por dentro moito máis rápido que mamá ou papá, que sempre quedan atascados á metade.
Detalles do produto
Non require montaxe, doado de usar.
Pódese pregar para aforrar espazo cando non se usa.
Os peches de velcro actúan como suxeición e tamén serven para conectar varios túneles.
Ademais de ser un hábito saudable, levar unha vida activa mellora as habilidades motoras e a coordinación das e dos máis pequenos.
Creado coa axuda de nenas e nenos en sesións divertidas onde expresan as súas ideas e o que pensan. As súas opinións inflúen nas nosas decisións e fan que os nosos produtos sexan mellores. A fin de contas eles son os expertos!
O tecido deste produto está feito de poliéster, do cal, polo menos un 90% é reciclado.
Maria Vinka
Medicións
- diámetro: 45 cm
- lonxitude: 126 cm
Opinións dos clientes
Explora as túas opcións
Proba os mobles e a decoración xuntos practicamente antes de comprar para atopar o axuste perfecto para a túa casa.


Motivación e movemento
En IKEA e os nenos queremos fomentar un estilo de vida activo, onde actividades como saltar, correr, divertirse e xogar estean máis presentes. Porque os estudos demostran que a actividade física xoga un papel fundamental no benestar infantil e é un investimento a longo prazo.
Maria Ekblom, profesora asociada na facultade de Ciencias do Deporte e da Saúde de Suecia, estuda o impacto que o deporte ten sobre a saúde infantil. "Sabemos con certeza que facer exercicio a unha intensidade adecuada ten un impacto positivo sobre o estado físico, mellora a capacidade muscular, a saúde cardiovascular, regula a presión sanguínea así como os niveis de azucre en sangue".
Ao corpo gústalle moverse
"As pescudas demostran que moverse mellora o benestar mental e ten un impacto positivo sobre determinadas funcións cognitivas. Ademais, a actividade física que fagamos durante a nosa infancia influirá tamén nos nosos hábitos e saúde cando sexamos adultos. Mais, cal é o nivel de actividade adecuado? A Organización Mundial da Saúde (OMS) di que as e os nenos de entre 5 e 17 anos deberían facer polo menos 60 minutos de actividade física diaria a unha intensidade entre moderada e intensa. A maiores aconsella que, un par de veces por semana, sigan unha rutina de adestramento máis intensa a fin de aumentar o seu ritmo cardíaco durante máis tempo.
Marca o ritmo do teu día a día
María tráenos consellos sobre como encontrar o momento e a enerxía necesaria para levar unha rutina de exercicios cotiá. "Se é posible, camiñar ou ir en bicicleta á escola é unha oportunidade estupenda para incorporar unha actividade física ao noso día a día. Do mesmo xeito que quedar cos amigos para xogar ao aire libre, nun lugar seguro". As e os rapaces máis novos teñen un gusto natural pola actividade física, pero poderían necesitar un empurrón segundo vaian medrando, di María. "É importante darlles a oportunidade de practicar deportes e outras actividades adecuadas para a súa idade e que coincidan cos seus intereses. É máis fácil que un hábito saudable se manteña no tempo cando lles gusta o que fan".
Material
Que é o poliéster reciclado?
Ao crear produtos a partir de poliéster reciclado, as botellas PET e outros obxectos teñen a posibilidade de ter outra vida e converterse así en tecidos, caixas, frontes de cociña e mesmo lámpada. Estes novos produtos garanten a mesma calidade cós produtos de poliéster virxe. E obviamente o resultado é igual de limpo e seguro. E pode que o mellor de todo é saber que estás a contribuír a utilizar menos materias primas.
Funcionalidade
Moverse axuda a desenvolver o corpo
Ás cativas e cativos encántalles xogar e saltar. Desta maneira, sen eles o saber, están a adestrar as súas habilidades motoras. Atravesar un circuíto de obstáculos, xogar cunha pelota ou mesmo reptar por un túnel estreito axúdaos a mellorar o seu sistema sensorial, en especial a coordinación e equilibrio. Moverse é importante para a saúde de pequenos e maiores.
Form design process
Creado coa axuda de nenos
As nenas e os nenos son as persoas máis importantes do mundo e queremos saber a súa opinión, xa que creamos produtos para eles. Así foi como convidamos nenas e nenas a sesións creativas onde poden participar no deseño de produtos. Poden expresarse libremente e debuxar ou dicirnos o que para elas e eles é máis importante. As súas opinións axudan a crearmos produtos mellores. A fin de contas eles son os expertos!