- Lavable á máquina
Bonitiño, suave e do tamaño perfecto. Este pequeno coello de cores neutras é o compañeiro ideal para as e os máis pequenos da casa... e viches esas orellas? Ao teu bebé encantaralle collelas e tirar delas.
Detalles do produto
Queres xogar ao cucú co bebé? Agocha os ollos do coello detrás das orellas e que empece o xogo!
A este coelliño encántanlle os contos para durmir e as aventuras imaxinarias.
Produto feito a partir de poliéster reciclado, suave e apto para peles sensibles.
Fácil de lavar á máquina, encontrarás este coelliño dando chimpos nos sitios que menos esperas.
Podes acomodar o coello nun estante para decorar o dormitorio da túa filla ou fillo.
Un agasallo estupendo para crianzas de todas as idades.
A todos os peluches gústalles abrazar, consolar, xogar e escoitar. Ademais, son de total confianza, pois pasaron probas de seguridade.
Stina Lanneskog
Información útil
Sabemos o sensible que é a pel dos bebés. Por iso eliximos con coidado os materiais e bordados deste peluche.
Casa á perfección co deseño da funda para coxín e da almofada para berce RÖDHAKE.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Material
- Tea:
- 100 % poliéster (90 % reciclado como mín.)
- Recheo:
- NOTRANS
Mantemento
Lavar á máquina a 40 °C como máximo, tratamento normal.
Non empregar lixivia.
Secar en secadora a temperatura baixa (60 ºC como máximo).
Non pasar o ferro.
Non limpar en seco.
Seguridade e conformidade
Medicións
- lonxitude: 21 cm
Embalaxe
DVÄRGHARE
Número de artigo205.970.65- Ancho: 10 cm
- Alto: 9 cm
- Longo: 22 cm
- Peso: 0.04 kg
- Paquete(s): 1
Opinións dos clientes
Funcionalidade
Peluches para abrazar unha e outra vez
Os nosos peluches garanten mil anos de amor. Por iso escollemos materiais cómodos e ollos bordados e, ademais, sometémolos a rigorosas probas de lavado e probas que certifican a ausencia de produtos químicos perniciosos. Aptos para lavadora.






