Saltar

DOFTAKLEJA Funda nórdica e funda almofada

19,99€

Tamén precisarás

Como conseguilo

Servizos dispoñibles
Características do produto
  • Algodón
  • Número de fíos: 152 /inch²

Os nórdicos DOFTAKLEJA en branco/antracita presentan un deseño elegante bordado con cadros dun lado e listas no outro. Os buratos das esquinas facilitan a colocación do edredón e quedan agochados por tras de oportunos petos.

Número de artigo406.005.14

Detalles do produto

Feito con algodón 100%, un material natural e duradeiro que gaña en suavidade con cada lavado.

O algodón é un material natural suave que transpira, absorbe a humidade e ten un tacto moi agradable.

Podes introducir o edredón facilmente nos buratos que hai nas esquinas superiores. Os petos agochan os buratos e evitan que o edredón sobresaia.

Deseño bordado con cadros dun lado e listas no outro.

Os botóns evitan que o edredón se mova.

Funda de almofada con peche tipo sobre.

Deseñador

IKEA of Sweden

Número de artigo406.005.14

Información útil

Número de fíos: 60 fíos/cm².

O número de fíos é un valor que indica a cantidade de fíos por centímetro cadrado ou polgada cadrada do tecido. Canto maior sexa o número de fíos, máis resistente e densa será a tea.

Contén 15% de algodón reciclado como mínimo.

En IKEA o algodón reciclado é recuperado de restos de algodón provenientes de fíos, teas, pezas de roupa, etc., e cultivado segundo o Global Recycled Standard (GRS).

Este produto pódese utilizar en hoteis pequenos e hostais, xa que o deseño e os materiais están optimizados para un uso e lavado frecuentes.

Produto probado e conforme á norma EN ISO 12952-1 sobre inflamabilidade.

Produto probado e conforme á norma CAN/CGSB 4.2 n.º 27.5 sobre inflamabilidade. Responde ás esixencias de tempo de propagación da chama ≥7,1 segundos.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Mantemento

Lavar a máquina a 60 °C como máximo, tratamento normal.

Non empregar lixivia.

Secar normal en secadora a temperatura normal (80 ºC como máximo).

Pasar o ferro a 200 ºC como máximo.

Non limpar en seco.

Medicións

  • Cantidade de fundas: 1 pack
  • longo da funda de almofada: 50 cm
  • anchura da funda de almofada: 60 cm
  • Número de fíos:: 152 /inch²
  • Lonx. funda nórdica: 200 cm
  • Anch. funda nórdica: 150 cm

Embalaxe

DOFTAKLEJA

Número de artigo406.005.14
  • Ancho: 19 cm
  • Alto: 7 cm
  • Longo: 28 cm
  • Peso: 0.98 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.2Valoración media
85Opinións

Accesorios para DOFTAKLEJA

Funcionalidade

Moitas razóns para enamorarse destas fundas nórdicas

As fundas nórdicas DOFTAKLEJA son as compañeiras de cama que toda persoa quere: un deseño elegante bordado con cadros dun lado e listas no outro. Expresivas, sinxelas e fáciles de combinar. Os buratos nas esquinas superiores facilitan a colocación do edredón e, para menor impacto visual, quedan agochados por tras duns oportunos petos. O aspecto moderno vese realzado pola sensación de frescor do algodón natural, un material transpirable, moi agradable ao tacto coa pel e que absorbe a humidade.

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.