Saltar
Novidade

DJUNGELSKOG Peluche, mini/orangután, 20 cm

1,99€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles
Características do produto
  • Lavable á máquina

É imposible resistirse ao aspecto amigable do orangután, que se converterá rapidamente nun agarimoso compañeiro de todo tipo de aventuras. Está feito de suave poliéster reciclado e forma parte da colección DJUNGELSKOG.

Número de artigo206.061.02

Detalles do produto

Sabías que os orangutáns viven nas cotelas das árbores para sentírense máis seguros? As rutinas do sono tamén son moi importantes para os nenos e nenas pequenos, por iso, que teñan un amigo de peluche que os acompañe facilita moito as cousas.

Produto feito a partir de poliéster reciclado, suave e apto para peles sensibles.

A hora do xogo é máis divertida cando te acompaña o teu amiguiño. Por iso o tamaño do peluche é perfecto para o levaren consigo na mochila. Así sempre o terán de man.

A todos os peluches gústalles abrazar, consolar, xogar e escoitar. Ademais, son de total confianza, pois pasaron probas de seguridade.

Queremos que os nosos peluches repartan amor durante moitos anos, e por iso facémolos con materiais agradables e ollos bordados, sometémolos a rigorosos test de lavado e asegurámonos de que non conteñen produtos químicos nocivos.

Deseñador

IKEA of Sweden

Número de artigo206.061.02

Información útil

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Tea:
NOTRANS
Recheo:
100 % poliéster - fibra oca (100 % reciclado)

Mantemento

Lavar á máquina a 40 °C como máximo, tratamento normal.

Non empregar lixivia.

Secar en secadora a temperatura baixa (60 ºC como máximo).

Non pasar o ferro.

Non limpar en seco.

Seguridade e conformidade

Recomendado para nenos a partir de 12 meses.Este produto leva marcado CE.

Medicións

  • lonxitude: 20 cm

Embalaxe

DJUNGELSKOG

Número de artigo206.061.02
  • Ancho: 4 cm
  • Alto: 4 cm
  • Longo: 20 cm
  • Peso: 0.02 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.9Valoración media
19Opinións

Calidade

Son bonitos e seguros? Sen ningunha dúbida

Tranquilizarache saber que todos os nosos produtos para nenos cumpren os estándares de calidade e seguridade máis estritos. Sometemos os nosos xoguetes a duras probas de resistencia e aplicámoslles forzas superiores ás que pode exercer calquera neno de 2 anos. Para que non teñas de que preocuparche e os teus fillos xoguen sen parar.

Funcionalidade

Peluches para abrazar unha e outra vez

Os nosos peluches garanten mil anos de amor. Por iso escollemos materiais cómodos e ollos bordados e, ademais, sometémolos a rigorosas probas de lavado e probas que certifican a ausencia de produtos químicos perniciosos. Aptos para lavadora.

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.