Como conseguilo
- Lavable á máquina
O rei dos animais nun formato pequeniño moi abrazable. Un amigo que pode consolarte e unirse ás túas aventuras e exploracións. Está feito de suave poliéster reciclado e forma parte da colección DJUNGELSKOG.
Detalles do produto
Sabías que a maioría de leóns viven na sabana? Este amiguiño ten unha fermosa melena e, na súa compañía, o teu pequeno tamén sentirá como se estivese na sabana, ou en calquera outro lugar onde o leve a imaxinación.
Produto feito a partir de poliéster reciclado, suave e apto para peles sensibles.
A hora do xogo é máis divertida cando te acompaña o teu amiguiño. Por iso o tamaño do peluche é perfecto para o levaren consigo na mochila. Así sempre o terán de man.
A todos os peluches gústalles abrazar, consolar, xogar e escoitar. Ademais, son de total confianza, pois pasaron probas de seguridade.
Queremos que os nosos peluches repartan amor durante moitos anos, e por iso facémolos con materiais agradables e ollos bordados, sometémolos a rigorosos test de lavado e asegurámonos de que non conteñen produtos químicos nocivos.
IKEA of Sweden
Información útil
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Material
- Tea:
- NOTRANS
- Recheo:
- NOTRANS
Mantemento
Lavar á máquina a 40 °C como máximo, tratamento normal.
Non empregar lixivia.
Secar en secadora a temperatura baixa (60 ºC como máximo).
Non pasar o ferro.
Non limpar en seco.
Seguridade e conformidade
Medicións
- lonxitude: 13 cm
Embalaxe
DJUNGELSKOG
Número de artigo406.060.97- Ancho: 5 cm
- Alto: 4 cm
- Longo: 13 cm
- Peso: 0.02 kg
- Paquete(s): 1
Opinións dos clientes
Calidade
Son bonitos e seguros? Sen ningunha dúbida
Tranquilizarache saber que todos os nosos produtos para nenos cumpren os estándares de calidade e seguridade máis estritos. Sometemos os nosos xoguetes a duras probas de resistencia e aplicámoslles forzas superiores ás que pode exercer calquera neno de 2 anos. Para que non teñas de que preocuparche e os teus fillos xoguen sen parar.
Funcionalidade
Peluches para abrazar unha e outra vez
Os nosos peluches garanten mil anos de amor. Por iso escollemos materiais cómodos e ollos bordados e, ademais, sometémolos a rigorosas probas de lavado e probas que certifican a ausencia de produtos químicos perniciosos. Aptos para lavadora.




