DJUNGELSKOG Peluche, marrón oso, 28 cm
Como conseguilo
A este osiño de peluche gústalle todo, pero sobre todo os froitos do bosque, tanto os azuis coma os vermellos. Un amigo fiel ao que lle encanta darche apertas e mimos cando precisas un pouco de cariño.
Detalles do produto
A todos os peluches gústalles abrazar, consolar, xogar e escoitar. Ademais, son de total confianza, pois pasaron probas de seguridade.
Unha mascota á que coidar, consentir e dar a man en momentos de medo.
Información útil
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Material
- Tea:
- 100 % poliéster
- Recheo:
- 100 % poliéster - fibra oca (100 % reciclado)
Mantemento
Lavar á máquina a 40 °C como máximo, tratamento moderado.
Non empregar lixivia.
Secar en secadora a temperatura baixa (60 ºC como máximo).
Non pasar o ferro.
Non limpar en seco.
Seguridade e conformidade
Medicións
- lonxitude: 28 cm
Embalaxe
DJUNGELSKOG
Número de artigo405.785.32- Ancho: 20 cm
- Alto: 14 cm
- Longo: 27 cm
- Peso: 0.13 kg
- Paquete(s): 1
Opinións dos clientes
Calidade
Son bonitos e seguros? Sen ningunha dúbida
Tranquilizarache saber que todos os nosos produtos para nenos cumpren os estándares de calidade e seguridade máis estritos. Sometemos os nosos xoguetes a duras probas de resistencia e aplicámoslles forzas superiores ás que pode exercer calquera neno de 2 anos. Para que non teñas de que preocuparche e os teus fillos xoguen sen parar.
Funcionalidade
Peluches para abrazar unha e outra vez
Os nosos peluches garanten mil anos de amor. Por iso escollemos materiais cómodos e ollos bordados e, ademais, sometémolos a rigorosas probas de lavado e probas que certifican a ausencia de produtos químicos perniciosos. Aptos para lavadora.




