DJUNGELSKOG Monicreque, serpe/pitón de Birmania
Como conseguilo
- Lavable á máquina
Un pitón real pode ser perigoso, mais un xoguete suave é cálido (e seguro) para ter como amigo. Coa serie DJUNGELSKOG, o teu fillo pode crear o seu propio mundo de vida salvaxe e coñecer mellor as especies en perigo.
Detalles do produto
Esta pitón adora os abrazos ben fortes. O corpo das que viven en liberdade pode chegar a medir ata 7 metros, pero esta é un chisco máis pequena. E se metes a man no peto da cabeza conseguirás que fale.
Para mans grandes e pequenas.
A todos os peluches gústalles abrazar, consolar, xogar e escoitar. Ademais, son de total confianza, pois pasaron probas de seguridade.
Ann-Cathrine Sigrid Ståhlberg
Medicións
- lonxitude: 171 cm
Opinións dos clientes
As túas olladas

Longa vida aos animais salvaxes
A colección de peluches DJUNGELSKOG está chea de amigos cos que xogar e, ás veces, consolarse. Pero ten un propósito máis importante: destacar aos animais salvaxes que están en perigo de extinción debido ás actividades humanas. Como o orangután. Vive nas selvas tropicais de Borneo, onde os incendios e a deforestación reduciron o seu número. Pero é posible invertir a tendencia.
Martin Petri, que traballa con sostibilidade en IKEA, estaba nunha selva tropical de Borneo en 2016. Facía calor e había humidade. O son da fauna circundante ecoaba intensamente en todas direccións. No alto dunha árbore, albiscou a morada dun orangután: volven. "En 1983, un incendio forestal destruíu 18.500 hectáreas de selva tropical", conta Martin. "Cando Ingvar Kamprad, fundador de IKEA, decatouse, quixo contribuír á restauración da selva tropical. Por iso, desde 1998, financiamos o proxecto 'Sementa unha semente', que permitiu replantar máis de 12.500 hectáreas de selva tropical."
Os nenos preocúpanse e queren aprender máis
"Os animais salvaxes proporcionan unha sensación de liberdade, sobre todo aos nenos que viven en contornas urbanas", afirma a psicóloga infantil Barbie Clarke, que investigou amplamente sobre os nenos e o seu desenvolvemento. Os hábitats naturais do orangután, o panda, o tigre e outros animais DJUNGELSKOG están ameazados. Isto preocupa a moitos nenos. "Pero tamén son curiosos e queren aprender máis sobre os animais", explica Barbie. Por iso DJUNGELSKOG inclúe tamén varios libros.
Más selva tropical significa máis orangutáns
O ser humano ten a posibilidade de restaurar os hábitats naturais dos animais e a diversidade biolóxica que equilibra a natureza, como na selva tropical que visitou Martin Petri. Sementa unha semente" é un dos maiores proxectos de selva tropical do mundo, e proporcionou aos investigadores implicados valiosos coñecementos que serán útiles para outras selvas tropicais que se queimaron ou foron talladas", explica Martin. Más selva tropical en Borneo significa máis orangutáns balanceándose entre as árbores cos seus longos brazos. Que espectáculo máis fermoso.
Calidade
Son bonitos e seguros? Sen ningunha dúbida
Tranquilizarache saber que todos os nosos produtos para nenos cumpren os estándares de calidade e seguridade máis estritos. Sometemos os nosos xoguetes a duras probas de resistencia e aplicámoslles forzas superiores ás que pode exercer calquera neno de 2 anos. Para que non teñas de que preocuparche e os teus fillos xoguen sen parar.
Funcionalidade
Peluches para abrazar unha e outra vez
Os nosos peluches garanten mil anos de amor. Por iso escollemos materiais cómodos e ollos bordados e, ademais, sometémolos a rigorosas probas de lavado e probas que certifican a ausencia de produtos químicos perniciosos. Aptos para lavadora.