Co soporte para testos DAKSJUS poderás colocar as túas plantas no máis alto e decorar de maneira máis vistosa a túa casa. Feito de bambú, un material natural resistente que transmite unha sensación acolledora. Parte da colección DAKSJUS.
Detalles do produto
Cun soporte para testos coma este poderás decorar calquera peza da casa coas túas plantas favoritas.
O soporte plantas eleva as plantas pequenas a novas alturas e dá sensación de amplitude.
Pesa pouco; é fácil de levantar e mover.
De bambú, un material natural duradeiro e renovable.
Parte da colección DAKSJUS que te axuda a cubrir o teu fogar de plantas, cor e alegría.
W Braasch/L Gil/A-M Nilsson
Medicións
- Altura: 60 cm
- Peso máximo/andel: 5 kg
- diámetro: 39 cm
Opinións dos clientes
Accesorios para DAKSJUS
Material
Que é o bambú?
Resistente, flexible e unha das plantas de crecemento máis rápido que hai no mundo. O bambú ten moitas utilidades, tantas que o converten nun material renovable de primeira orde porque, de feito, é unha herba que non precisa fertilizantes nin ser regada para medrar. Para que unha planta de bambú sexa aproveitable teñen que pasar entre 4 e 6 anos. En IKEA utilizámolo para facer mobles, decorados para o baño ou mesmo lámpadas... en realidade sempre estamos a argallar para darlle unha aplicación nova.
Form design process
Fai sitio para as túas compañeiras favoritas!
A colección DAKSJUS consiste en compartir a alegría de plantar e colleitar. Agardamos que sirva para espertar en ti o desexo de ter máis plantas e crear unha atmosfera refrescante. Inclúe soportes, testos e floreiros nos que sementar e exhibir as túas plantas, mesmo aínda que non teñas demasiado espazo para facelo. Tamén inclúe accesorios que te axudarán a ter éxito. Xunta a familiares e amizades, dá renda libre á túa creatividade e enche a casa de cor, plantas e alegría.
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"Ter pouco espazo e que che gusten as plantas pode ser un problema. Por iso creamos o soporte para testos DAKSJUS, para que poidas ampliar a túa colección de plantas en vertical. O seu tamaño compacto en patas en ángulo apenas ocupan espazo. Ademais, a forma redondeada das patas complementa con elegancia as plantas. Ademais estes soportes son fáciles de mover, porque están feitos de bambú, un material moi lixeiro. O soporte para testos é como un lenzo, sempre preparado para recibir unha boa dose de creatividade".