Saltar
Novidade

DAGGASTER Prato, lunares/beixe claro, 20 cm

2,49€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Dálle un toque natural e robusto ás túas comidas. Un servizo de mesa beixe claro e atemporal en tonalidades apagadas e terrosas cos que a túa mesa lucirá totalmente distinta durante as comidas do día a día ou as ocasións especiais.

Número de artigo906.078.10

Detalles do produto

Gres cerámico rústico nun acabado semimate e beixe claro con pintas irregulares que lle confiren un aspecto vivo e xenuíno.

Trituramos produtos defectuosos e reutilizamos o material nesta vaixela. Inclúe un 65-70% de desperdicios internos da fábrica e un 30-35% de materias primas virxes para conservar as propiedades técnicas necesarias.

O servizo de mesa DAGGASTER axústase a todo tipo de mesas, ocasións e comidas: desde elegantes cenas de tres pratos ata seráns de tapas improvisados.

Perfecto cando te queres servir algo rápido e sinxelo ou comer diante do televisor, xa que inclúe un bordo fácil de coller.

Deseñador

Henrik Preutz

Número de artigo906.078.10

Información útil

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

NOTRANS, Vidrado pigmentado

Mantemento

Apto para microondas.

Apto para lavalouzas.

Medicións

  • diámetro: 20 cm

Embalaxe

DAGGASTER

Número de artigo906.078.10
  • Alto: 3 cm
  • Peso: 0.44 kg
  • Diámetro: 21 cm
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

5Valoración media
3Opinións

A idea tras o produto

A idea tras o produto

"Cando deseñei a serie DAGGASTER, o meu obxectivo pasaba por crear un servizo de mesa robusto con tonalidades apagadas e terrosas. Cada un dos elementos que a integran son sólidos e teñen bordos que facilitan o agarre para que poidas levalos contigo ao sofá ou á illa de cociña. O acabado semimate con pintas irregulares confírenlle ao conxunto un aspecto vivaz e auténtico. Agardo que este servizo faga voar a vosa imaxinación á hora de poñer a mesa, antes das comidas do día a día ou das ocasións especiais".

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.