Como conseguilo
Dálle un toque natural e robusto ás túas comidas. Un servizo de mesa beixe claro e atemporal en tonalidades apagadas e terrosas cos que a túa mesa lucirá totalmente distinta durante as comidas do día a día ou as ocasións especiais.
Detalles do produto
Gres cerámico rústico nun acabado semimate e beixe claro con pintas irregulares que lle confiren un aspecto vivo e xenuíno.
Trituramos produtos defectuosos e reutilizamos o material nesta vaixela. Inclúe un 65-70% de desperdicios internos da fábrica e un 30-35% de materias primas virxes para conservar as propiedades técnicas necesarias.
Henrik Preutz
Medicións
- volume: 40 cl
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"Cando deseñei a serie DAGGASTER, o meu obxectivo pasaba por crear un servizo de mesa robusto con tonalidades apagadas e terrosas. Cada un dos elementos que a integran son sólidos e teñen bordos que facilitan o agarre para que poidas levalos contigo ao sofá ou á illa de cociña. O acabado semimate con pintas irregulares confírenlle ao conxunto un aspecto vivaz e auténtico. Agardo que este servizo faga voar a vosa imaxinación á hora de poñer a mesa, antes das comidas do día a día ou das ocasións especiais".