BROGRUND Toalleiro extensible, ac inox
Como conseguilo
A serie BROGRUND ten un estilo sinxelo, lineal e inconfundible. Inclúe accesorios funcionais que permiten transformar o caos en orde e que lle dan un aspecto fresco e moderno ao baño.
Detalles do produto
Cando o toalleiro está alongado, na parte central hai espazo para unha toalla de baño de 70 x 140 cm como máximo.
Barras a diferentes alturas para adaptarse ás diferentes necesidades.
Cando non se emprega é fácil gardar o toalleiro, xa que se pode pregar.
O toalleiro pódese utilizar tamén para ter á man roupa de recambio no baño ou no dormitorio, por exemplo cando te duchas.
H Preutz/N Karlsson
Medicións
- Ancho: 124 cm
- anchura mínima: 124 cm
- anchura máxima: 155 cm
- Altura: 84 cm
Opinións dos clientes

Harmonía no baño, detalle por detalle
O baño é un elemento fundamental do fogar, pero a miúdo é un espazo pequeno, desorganizado e cheo de cousas. Okan Demirci, un dos nosos deseñadores de produtos, sábeo de primeira man. Cando empezamos a traballar nos accesorios VOXNAN e BROGRUND, o noso obxectivo era facilitar a vida no baño. A parte difícil estaba en encontrar necesidades comúns entre persoas diferentes. Aí é onde as moitas amizades de Okan foron de axuda.
Invitamos a varias delas a un coloquio. Todas aquelas persoas tiñan casas e situacións persoais distintas. Algunhas eran suecas que vivían en casas no bosque. Outras viñan de Italia e de Francia. Algunhas vivían soas, outras coas súa parella ou fillos.
Traballo conxunto para un baño universal
Durante todo un día analizaron os soños e frustracións das persoas, incluídos os seus. Un dos participantes era Luca Battistelli, que leva en IKEA desde 1992. "Non son un experto no deseño de produtos", di Luca, "pero quería contribuír coa miña experiencia. Hai cousas moi específicas dunha persoa ou dun país, mais resulta máis doado dar con cousas en común que con cousas moi distintas".
Pequenos detalles para facilitar a vida
Dous deseñadores traballaron xuntos para superar os atrancos identificados durante a reunión. Pendurar cousas para atallar a desorde e a falta de espazo. Os nosos toalleiros con barras xiratorias xa permiten aforrar espazo, mais decidiron poñerlles barras extensibles para maior comodidade e orde. E que pasa cos baños compartidos? VOXNAN e BROGRUND teñen estilos que combinan entre si, para satisfacción de todas as persoas da casa. Os accesorios teñen soportes idénticos, de maneira que non terás que tradear de novo a parede se decides cambiar de estilo. "Non é ningunha revolución", di Okan. "Son simplemente pequenos detalles que permiten converter en harmonía o caos do baño".
Material
Que é o aceiro inoxidable?
O aceiro inoxidable é utilizado tanto en estruturas de edificios e coches, como tamén en vertedoiros e coitelos. É comprensible que teña tantas utilidades. O aceiro inoxidable é un material resistente e duradeiro, cunha excelente resistencia á corrosión, é dicir, ao óxido. Adoita conter baixas cantidades de níquel e en IKEA xeralmente empregamos aceiro inoxidable sen níquel. Como pasa con outros metais, é un material que se pode reciclar unha e outra vez para convertelo en produtos novos, sen que isto afecte as súas propiedades.