Saltar

BROGRUND Estante de esquina, parede, ac inox, 19x58 cm

19,99€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Sinxela e con carácter, a serie BROGRUND ofrece unha gran variedade de accesorios de aspecto moderno para manteres a orde no baño. Deseño de liñas limpas ao que se lle suman detalles como os parafusos ocultos.

Número de artigo304.089.79

Detalles do produto

Os andeis teñen bordos altos e están situados a distintas alturas para que haxa espazo para grandes botes de xampú e tamén para pequenas esponxas.

Os ganchos son ideais para pendurar manoplas de baño ou outros obxectos.

As partes internas de plástico desmóntanse para poder lavalas facilmente.

A auga sae facilmente a través dos buratos que hai no andel.

Deseñador

H Preutz/N Karlsson

Número de artigo304.089.79

Información útil

Non inclúe parafusos para a montaxe na parede.

Diferentes tipos de parede requiren diferentes ferraxes. Emprega as ferraxes máis axeitadas para as túas paredes (non se inclúen).

Se non estás seguro sobre as ferraxes que debes usar, pregunta na túa ferraxería.

Combina con outros produtos da serie BROGRUND.

Require un tratamento de residuos especial. Contacta coas autoridades da túa localidade para obter máis información.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

Compoñente metálico:
NOTRANS
Andel:
Plástico de polipropileno (20 % reciclado como mín.)

Mantemento

Limpar cun pano humedecido cun deterxente suave.

Secar cun pano seco.

Medicións

  • Ancho: 19 cm
  • fondo: 19 cm
  • Altura: 58 cm

Embalaxe

BROGRUND

Número de artigo304.089.79
  • Ancho: 19 cm
  • Alto: 5 cm
  • Longo: 60 cm
  • Peso: 1.48 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.6Valoración media
662Opinións
Moderno estante de almacenamento de baño de aceiro inoxidable e plástico, con deseño perforado para a drenaxe.

Harmonía no baño, detalle por detalle

O baño é un elemento fundamental do fogar, pero a miúdo é un espazo pequeno, desorganizado e cheo de cousas. Okan Demirci, un dos nosos deseñadores de produtos, sábeo de primeira man. Cando empezamos a traballar nos accesorios VOXNAN e BROGRUND, o noso obxectivo era facilitar a vida no baño. A parte difícil estaba en encontrar necesidades comúns entre persoas diferentes. Aí é onde as moitas amizades de Okan foron de axuda.

Invitamos a varias delas a un coloquio. Todas aquelas persoas tiñan casas e situacións persoais distintas. Algunhas eran suecas que vivían en casas no bosque. Outras viñan de Italia e de Francia. Algunhas vivían soas, outras coas súa parella ou fillos.

Traballo conxunto para un baño universal

Durante todo un día analizaron os soños e frustracións das persoas, incluídos os seus. Un dos participantes era Luca Battistelli, que leva en IKEA desde 1992. "Non son un experto no deseño de produtos", di Luca, "pero quería contribuír coa miña experiencia. Hai cousas moi específicas dunha persoa ou dun país, mais resulta máis doado dar con cousas en común que con cousas moi distintas".

Pequenos detalles para facilitar a vida

Dous deseñadores traballaron xuntos para superar os atrancos identificados durante a reunión. Pendurar cousas para atallar a desorde e a falta de espazo. Os nosos toalleiros con barras xiratorias xa permiten aforrar espazo, mais decidiron poñerlles barras extensibles para maior comodidade e orde. E que pasa cos baños compartidos? VOXNAN e BROGRUND teñen estilos que combinan entre si, para satisfacción de todas as persoas da casa. Os accesorios teñen soportes idénticos, de maneira que non terás que tradear de novo a parede se decides cambiar de estilo. "Non é ningunha revolución", di Okan. "Son simplemente pequenos detalles que permiten converter en harmonía o caos do baño".

Máis información

Material

Que é o aceiro inoxidable?

O aceiro inoxidable é utilizado tanto en estruturas de edificios e coches, como tamén en vertedoiros e coitelos. É comprensible que teña tantas utilidades. O aceiro inoxidable é un material resistente e duradeiro, cunha excelente resistencia á corrosión, é dicir, ao óxido. Adoita conter baixas cantidades de níquel e en IKEA xeralmente empregamos aceiro inoxidable sen níquel. Como pasa con outros metais, é un material que se pode reciclar unha e outra vez para convertelo en produtos novos, sen que isto afecte as súas propiedades.

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.